Villares presenta En Marea como primeira alternativa aos "pecados non expiados" de Feijóo
O voceiro de En Marea debuta nun debate parlamentario trazando o obxectivo de "gobernar en 2020" e facer oposición "no Parlamento e na rá".
Pontón esgrime a "ilusión" do BNG fronte ao "autonomismo fosilizado" de Feijóo
A líder do BNG convértese na primeira muller da historia da autonomía en intervir nunha sesión de investidura e insta o candidato á Presidencia a demostrar con feitos que é, como di, "un militante de Galiza".
A atención á dependencia retrocedeu tres anos en Galicia pola 'maquillaxe' das listas do Goberno central
A moratoria na aplicación da lei incluída no paquete de recortes de Rajoy provocou que, ao seu remate, a lista de agarda pasase de 12.000 a 27.000 persoas. Na actualidade reciben prestacións case 48.000 persoas, a cifra máis alta dende o inicio do sistema.
Feijóo anuncia unha lei de emprego tras afirmar non ter "case ningunha competencia" na materia
O líder popular asegurou no seu discurso de investidura que medidas como a súa lei poderán lograr ata 100.000 postos de traballo. O orzamento da Xunta para políticas activas de emprego, transferidas polo Estado en 1998, reduciuse nun 50% dende 2009
Educadoras sociais esixen "trato digno" aos menores nas novas sobre pelexas en Lugo
O Colexio de Educadoras e Educadores insta os medios a non situar "audiencias e ingresos publicitarios" por riba dos dereitos da infancia. "Pixelar imaxes non é suficiente para garantir os dereitos dos menores", evidencian.
Feijóo, episodio 3: Á procura dunha nova 'pax fraguiana'
SESIÓN DE INVESTIDURA O Parlamento aborda dende este martes a terceira investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Dende a primeira os populares deron en impoñer un relato de arrasamento que a esquerda apenas logrou quebrar.
O PP desconxela a investigación das caixas galegas tras tres anos de eleccións
Dende a parálise da comisión parlamentaria galega en 2013 os restos de Caixanova e Caixa Galicia foron vendidos perdendo máis de 8.000 millóns de cartos públicos mentres varios ex-directivos eran condenados na Audiencia Nacional polas súas irregulares indemnizacións millonarias
Feijóo recupera a festa de toma de posesión no Obradoiro que suprimiu en 2012 pola crise
O equipo do PP prevé dispoñer da emblemática praza compostelá o vindeiro día 12 para celebrar o terceiro nomeamento do seu líder ao xeito de 2009. Hai catro anos Feijóo apelou ao "sentir da cidadanía" por mor da "situación económica" para evitar o evento.
O novo ministro de Fomento deu en xullo "apoio expreso" á investigación política sobre Angrois
Íñigo de la Serna uniuse como alcalde de Santander a unha iniciativa para esixir ao "futuro Goberno" de España, do que agora forma parte, a apertura dunha comisión de investigación sobre o sinistro, que a cúpula estatal do PP considerou "absurda" e "miserable". Vídeo no interior.
Feijóo lanza a ofensiva do PP contra os gobernos locais da esquerda dende a sede da Xunta
O líder popular traza dende San Caetano un retrato de "parálise acuciante" tras a presentación da fronte común do PP contra os "alcaldes mareantes". A cúpula do partido insta dende hai semanas os líderes locais a preparar xa as municipais de 2019
O Parlamento ponse en marcha á espera dunha investidura de trámite
A Cámara galega constitúe as súas comisións, órganos que concentran boa parte do traballo ordinario. O PP presídeas todas agás a de Economía, En Marea ostenta catro secretarías, o PSdeG outras catro e o BNG, dúas.
Fracasa o intento do ex-número dous de Negreira para anular a peza da Pokémon na que está imputado
A Audiencia Provincial de Lugo rexeita o recurso de Julio Flores, ao que se adheriu o ex-alcalde compostelán Ángel Currás, para frear o traslado á Audiencia Nacional da peza do caso referida ás presuntas actividades ilegais das empresas do grupo Véndex.