CRÓNICA | Eterno bipartito
O breve goberno de PSdeG e BNG permanece como a navalla suíza dos conservadores galegos, unha ferramenta política multiusos que tras a volta do PP á Xunta moi poucas voces deron en reivindicar como útil
Feijóo insta a "loitar pola igualdade" sen "politizar os problemas das mulleres"
O presidente da Xunta considera nun acto celebrado polo PP como "homenaxe á muller" que "en canto politizamos a igualdade estamos faltando ao respecto ás mulleres.
A Xunta evita comprometer cartos para rehabilitar o deteriorado Parque do Pasatempo
A directora xeral do Patrimonio limítase a ofrecer ao alcalde betanceiro "apoio técnico" para axilizar a declaración do parque betanceiro como Ben de Interese Cultural, pero pecha a porta ao acordo "a tres bandas" coa Deputación e o Concello para xuntar os 1,3 millóns que custa a recuperación
A economía galega medra tanto como antes da crise con 150.000 persoas menos a traballar
O PIB galego rematou 2016 cun crecemento do 3,1%, mentres que o avance do emprego é practicamente da metade. A Xunta sitúa o país nunha "deriva de éxito"
A Audiencia tomba o intento de Baltar para afastar a xuíza que o investiga por acoso
O xulgado tomba a recusación dos Baltar contra a xuíza Eva Armesto, que regresa á instrución do caso. "O que se pretende é o afastamento da instrutora" para "substituír o seu imparcial criterio por outro que se axuste máis aos subxectivos intereses" dos acusados, di o auto
Educación oferta 912 prazas de ingreso mentres mantén a incerteza sobre a convocatoria
A Consellería formula unha OPE cun total de 1.043 prazas pero chama a "esperar" polos movementos políticos en Madrid para convocala. Os sindicatos censuran o uso do persoal opositor como "arma política" e ven "insuficientes" os postos ofrecidos
O 70% de solicitantes de vivendas protexidas da Xunta desexan vivir de alugueiro
Máis de 9.000 solicitantes piden unha vivenda en alugueiro e outros 2.000, arrendar con opción de compra. A media de reserva de solo do IGVS nos concellos para vivenda protexida queda no 5,5% para 2017
A Xunta ultima as bases das oposicións de Educación mentres o PP volve amagar con non convocalas
As centrais sindicais censuran que os populares usen as oposicións como "moeda de cambio" e presión na negociación dos Orzamentos do Estado. A orde que será negociada este 2 de marzo introduce novidades na presentación de documentación e na obriga de concorrer aos exames
As mortes por suicidio duplican as dos accidentes de tráfico en Galicia por cuarto ano consecutivo
En 2015 morreron nas estradas 151 persoas e remataron coa súa propia vida 318. O envellecemento da poboación provoca que a primeira causa externa de morte sexan xa as caídas accidentais.
A primeira xuntanza da comisión da AP-9 limitouse a constatar plans xa previstos
Xunta e Fomento repasaron plans xa en marcha e indicaron que realizarán "un seguimento das medidas" para evitar atascos nas peaxes no verán. Mentres, a primeira lei para a transferencia de competencias segue bloqueada no Congreso e a segunda tramítase no Parlamento galego
A Deputación de Ourense merca un Audi de 60.000 euros para a súa presidencia
O goberno de Baltar adquire un vehículo da marca alemá que Feijóo presentou como sinónimo de "despilfarro" e "luxo asiático" na campaña electoral de 2009
O PP lanza os opositores contra a esquerda malia poder convocar os exames co orzamento prorrogado
As contas de 2016 están prorrogadas e, con elas, as normas para convocar ofertas de emprego público. O Ministerio pode permitir os exames coas normas do ano pasado ou flexibilizalas por decreto, pero tamén impugnar as oposicións que convoquen as autonomías