A Xunta tamén traspasou fondos da axuda para pagar a luz a afrontar a demanda pola mina de Corcoesto
O Goberno galego transferiu o pasado outubro 140.000 euros destinados inicialmente a financiar o tícket eléctrico para realizar un depósito reclamado dende a Corte Permanente de Arbitraxe da Haia no proceso aberto por Corcoesto S.A. contra o Reino de España
A Xunta traspasou 125.000 euros de axudas para pagar a luz a un estudo sobre publicidade
O Goberno di que o 'tícket eléctrico' chegou a unhas 5.000 familias, 35.000 menos das previstas, e aprobou mudar a finalidade de parte dos seus fondos no Consello do pasado 22 de setembro sen incluír o acordo na referencia dos asuntos tratados na xuntanza
Cabalgatas indignadas
David Lombao
Barreiros teima no uso "irracional" do solo no seu novo PXOM e prevé 2.000 vivendas máis
A tramitación do PXOM do Concello mariñao leva un novo pau coas advertencias da Xunta, que non ve xustificadas as previsións de recualificacións de terreos costeiros e novas vivendas no municipio, de apenas 3.000 habitantes
O Goberno central cometeu desviación de poder na multa a unha edil do PSdeG en Miño por manifestarse
Un xulgado da Coruña anula a multa imposta á concelleira socialista Catalina Morado por participar nunha protesta contra os recheos nunha praia da localidade
Galicia perde outras 500 explotacións mentres o leite non dá chegado ao prezo de custo
Seis de cada dez explotacións pechadas no Estado durante 2016 eran galegas. Galicia conta agora con 1.000 granxas leiteiras menos que a comezos de 2015.
O Porto coruñés vía en 2014 "absurdo" acusalo da privatización de terreos costeiros que agora promove
"Prepárase unha gran operación de venda destes terreos", advertiu en 2014 Xosé Manuel Carril (BNG) tras a recualificación da parcela e a venda da concesión. A Autoridade Portuaria obvia agora a oferta do Concello para mercar a parcela de La Solana e mantela no ámbito público
O PP proclama o "caos" nas cidades que non goberna mentres Ourense prorroga o orzamento de 2014
Feijóo e o secretario xeral do PP censuran a "parálise orzamentaria" das cidades pero exclúen dela a Ourense, cuxo alcalde prefire "non dar unha data nin dicir con rotundidade" cando terá o proxecto
En marcha o permiso de paternidade dun mes coa tarefa da conciliación aínda pendente
Entre xaneiro e setembro de 2016 concedéronse en Galicia 11.025 permisos de maternidade e os homes que solicitaron a baixa foron uns 2.000 menos
O que nos deixa o ano: paquete de novas para levarmos a 2017
Coas novas máis lidas pola audiencia de Praza.gal durante 2016 construímos o relato informativo do ano que remata para levalo connosco ao novo
Feijóo implora polos "valores" de Europa ao Apóstolo, un "refuxiado vítima da intolerancia"
O presidente da Xunta participa como delegado do rei na cerimonia da traslación dos restos do Apóstolo, un ritual fixado pola Casa Real que, di, foi "obra do pobo"
Fomento manipula datas para argumentar a negativa á investigación de Angrois
O Ministerio afirma que os supostos atrancos para unha nova investigación técnica "eran descoñecidos" cando De la Serna a apoiou, pero xa existían dúas semanas antes. A plataforma de vítimas lamenta o seu "cinismo" e a nova "afrenta" do Goberno de España.