A Conferencia de Presidentes bendice a cancela ao autogoberno coa "unidade de mercado"
A Conferencia acorda desenvolver a lei que limita as capacidades autonómicas para establecer normas e requisitos para actividades económicas e administrativas. A oposición galega considera "decepcionantes" os resultados para o futuro financiamento da Xunta
CRONOLOXÍA | Nin solvente, nin galega, nin caixa
O encarceramento de cinco ex-directivos das desaparecidas grandes caixas galegas pon simbolicamente punto e final ao proceso iniciado coa fusión de Caixanova e Caixa Galicia que o Goberno galego apadriñou ata o seu fracaso
Os ex-directivos de Novacaixagalicia pasan a súa primeira noite no cárcere
Gayoso, Pego, Gorriarán, Rodríguez Estrada e Pradas están xa na cadea por orde da Audiencia Nacional, que rexeita suspender a súa condena a dous anos de prisión pola gravidade dos feitos
A lista de Villares propón que o voceiro de En Marea no Parlamento non o sexa do partido
En Marea publica a composición e documentos políticos das tres candidaturas que optan ás súas eleccións internas. As votacións celebraranse entre os días 21 e 23 de xaneiro.
A Xunta reduce un 62% os fondos da axuda para a luz tras non chegar ás familias oito de cada dez euros
En 2016 as axudas estiveron dotadas con 2,1 millóns de euros, dos que 430.000 pagaron axudas ás familias e 830.000 foron transvasados a outros gastos. Volven ser de 180 euros para as familias en xeral e de 300 para as numerosas
Feijóo desempoa o argumentario contra as maiorías sen o PP, partido "garantía de democracia"
O PP reuniu en Santiago os seus dirixentes para preparar o vindeiro congreso e reivindicar a "liberdade económica" e mais a "unidade de España". O presidente da Xunta teima en que as coalicións sen a forza máis votada non "respectan os resultados electorais"
A Xunta terá que explicar no Parlamento o traspaso de fondos de axudas da luz a outros gastos
Toda a oposición esixe que o Goberno dea contas por usar ata o 40% dos fondos do seu "tícket eléctrico" para atender outros gastos no canto de ampliar as axudas ás familias que non poden facer fronte á factura da luz
A baixada das augas de Belesar volve deixar á vista o lendario Castro Candaz de Chantada
Nos anos 60 o encoro de Belesar anegou cincuenta quilómetros de aldeas e fértiles terras e, con elas, este mítico castro que agora volve emerxer. "Todas as familias nobres" da contorna quixeron vincular as súas liñaxes a heroicas batallas alí libradas
Concellos e deputacións galegas perderon o dobre de persoal que a Xunta durante a crise
A reforma local do Goberno central limitou a capacidade dos concellos para incorporar e repoñer persoal. Gobernos municipais lamentan non poder incorporar máis efectivos malia dispoñeren, nalgúns casos, de recursos económicos para facelo
Vinte persoas foron procesadas ou xulgadas por corrupción en Galicia no último ano e medio
O Consello Xeral do Poder Xudicial comeza a publicar os datos de procesamentos e xuízos por delitos de "corrupción pública" como prevaricación, suborno ou tráfico de influencias e resalta que deixa fóra do rexistro as imputacións, que "varían" durante cada investigación
A Xunta moveu o 40% dos fondos de axudas para pagar a luz a outros gastos da Administración
O Goberno transferiu 830.000 euros do tícket eléctrico a outras finalidades, case o duplo do distribuído en axudas. Entre os gastos atendidos figura a cota da Fundación Feiras de Lugo ou alumeado do Gaiás. Economía asegura que en 2017 achegará "o que sexa necesario" a estes subsidios
As vítimas de Angrois afrontan unha semana clave nos xulgados e na Eurocámara
O xuíz dá aos peritos ata o 27 de xaneiro para entregar o seu "informe consensuado" sobre se Adif avaliou os riscos da curva de Angrois. O día 24 as vítimas comparecen ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo