A falta de competencias volve impedir á Xunta actuar contra Audasa polos atascos da AP-9
O Goberno galego ten que se limitar a "trasladar" as protestas a Fomento, que en anteriores ocasións abriu expedientes a Audasa sen maiores consecuencias. Infraestruturas oponse a que a concesionaria suba as peaxes antes da fin das obras de ampliación.
O goberno de Rajoy insire nos Orzamentos unha norma para atrancar as remunicipalizacións
O Ministerio de Facenda inclúe no proxecto orzamentario que tramita no Congreso unha disposición que obstaculiza a integración na Administración do persoal de servizos públicos xestionados por empresas privadas
A AP-9 logra os maiores beneficios en cinco anos e esixe unha suba das peaxes
Audasa leva o Ministerio de Fomento aos xulgados para reclamar unha compensación de case 115 millóns polos descontos en Rande e as obras de ampliación en Santiago e Vigo. Os accionistas da compañía repartíronse 45 millóns en dividendos durante 2016.
'Galician programme': 70 anos da chegada do galego á BBC
En abril de 1947 botou a andar na radio pública británica a primeira programación radiofónica estable en lingua galega, parte "da estratexia do galeguismo para estar presente no espazo internacional" tras o golpe franquista
A Audiencia da Coruña reitera que a investigación oficial sobre Angrois non foi independente
O tribunal rexeita eliminar o informe da CIAF da instrución, pero resalta que será "avaliado tendo en conta, entre outros factores", que non é unha investigación independente
Fomento gábase do "alto ritmo" en obras do AVE a Madrid con remate previsto para hai tres anos
O ministro de Fomento visita as obras pendentes en Ourense e atribúe os atrasos a "distraccións técnicas" xa solventadas mentres a Xunta teima en culpar o "ano da parálise por estar o Goberno de España en funcións"
O PP rexeita retirar os 650.000 euros do Sergas para cregos porque "á cidadanía non lle molestan"
Os Orzamentos de 2017 contemplan algo máis de 652.000 euros para sufragar ata 41 sacerdotes a xornada completa e outros 11 a tempo parcial. O PSdeG reclama no Parlamento destinar eses fondos a persoal sanitario
Os concellos galegos esixen poder gastar en servizos á veciñanza os cartos que aforran
A Federación Galega de Municipios e provincias elabora un estudo coas cen principais demandas dos concellos do país, "os máis cumpridores", e esixe a fin da "discriminación" que os fixo perder "1.400 millóns de euros" en dez anos a respecto da media estatal
Catro décadas de incendios queimaron o equivalente ao 55% da superficie de Galicia
Dende 1976 arderon en Galicia máis dun millón e medio de hectáreas de monte. A Xunta prohíbe "ata nova orde" as queimas controladas polas condicións meteorolóxicas tras arderen máis de 150 hectáreas na provincia de Ourense dende a pasada fin de semana.
Antón Sánchez: "Estamos a tempo de non defraudar"
ENTREVISTA O novo portavoz nacional de Anova analiza os retos internos da organización e mais de En Marea que, di, debe "reducir o ruído" interno e "reflectir a pluralidade" interna nos seus órganos de dirección
O Parlamento condecora a 'Comisión dos 16', "inspiración para quen aspire a servir a Galicia"
Os representantes das forzas políticas que redactaron o anteproxecto estatutario en 1979 reciben as medallas da Cámara galega nun acto cargado de memoria e de chamadas a reforzar o autogoberno
Os incendios queimaron 21.000 hectáreas en Galicia durante 2016
GRÁFICOS INTERACTIVOS O pasado ano ardeu case o dobre de superficie que en 2015 e foi o segundo peor para o monte galego dende a gran vaga de 2006, aínda que seguiu lonxe das cifras dos anos 80 e 90. Oito grandes incendios, a metade na provincia Ourense, concentraron máis do 50% da superficie ardida no país