O Parlamento volve pedir por unanimidade o traspaso da AP-9 e o PP non garante o apoio en Madrid
O BNG lamenta ser "vetado" na delegación de tres deputados que defenderá a proposta no Congreso se non é bloqueada polo Goberno central malia ser "a forza política que a rescatou cando estaba condenada por Rajoy", di Pontón
Familias de persoas con discapacidade piden á Xunta abrir o centro construído e pechado dende 2013
A ANPA do centro de educación especial A Barcia, en Santiago, impulsa dende hai meses a reclamación dunha residencia pública e cren "ideal para este cometido" o CEGADI. O Concello compostelán apoia a súa demanda e lembra que o edificio foi construído en terreos municipais por ser "unha instalación básica"
Referentes da ciencia en Galicia esixen a Feijóo paralizar o seu decreto de persoal investigador
A norma que prepara a Xunta "frea a capacidade de Galicia para avanzar, innovar e reverter beneficios" da investigación científica "á sociedade", alertan persoeiros da investigación como Ángel Carracedo e responsables das principais institucións científicas do país
A Semana Santa fai baixar o paro a base de temporalidade: un emprego máis por cada 14 contratos
O período vacacional e o bo tempo tira do emprego en Galicia, que rematou abril con 5.427 persoas menos inscritas nas oficinas de emprego, 23.524 menos que un ano antes. No mesmo mes o emprego medrou en 5.335 persoas, 21.112 máis que en abril de 2016
A Xunta ten rematado e pechado dende 2013 un centro de discapacidade que custou 13 millóns
A Consellería de Política Social evita ofrecer prazos concretos de posta en marcha e limítase a anunciar unha apertura parcial "ao longo deste ano" para o Centro Galego de Desenvolvemento Integral, adxudicado polo bipartito e cuxas obras acumulan sobrecustos superiores ao 50%
A Xunta quedou sen cartos para novas solicitudes da Risga un mes despois de aprobar os orzamentos
O incremento de 5 millóns na partida da Renda de Inclusión Social non foi dabondo e a finais do pasado marzo foi necesario sumarlle 600.000 euros procedentes dos fondos das axudas para sufragar fármacos de persoas con poucos recursos
Familias de asasinados polo franquismo fan memoria no cárcere de Lugo onde estiveron presos
Tres exposicións lembran no rehabilitado edificio da prisión lucense as persoas prendidas pola ditadura, amoreadas nunha cadea concibida para apenas 140 reclusos
O banco malo anuncia vivendas de oferta en Galicia mentres se nega a informar sobre elas ao Parlamento
A Sareb puxo en marcha nos últimos meses varias accións comerciais para tentar desfacerse das súas vivendas e nunha delas emprega especificamente como reclamo vivendas en Galicia. A entidade ampárase na protección de datos e a confidencialidade para atrancar a investigación galega
O BNG reivindica a loita contra a central nuclear de Xove 40 anos despois das mobilizacións
O Bloque lembra con varios actos o movemento de oposición á central, que sorteou a prohibición do gobernador civil de Lugo e tornou a marcha de Xove nunha multitudinaria mobilización
As hectáreas ardidas en Galicia roldan as 3.000 no que vai de ano tras un abril "incendiario"
Os incendios sobre os que a Xunta informou na derradeira semana de abril suman case 600 hectáreas ardidas. Medio Rural defende que o dispositivo está "preparado" malia ás malas condicións meteorolóxicas e o persoal censura que non se mobilizasen os "reforzos" como no verán.
Investigan o xefe de persoal da Deputación de Ourense nunha operación contra a fraude en cursos de formación
A Policía detivo cinco persoas e citou outras dúas como investigadas tras dous anos de investigación dunha presunta "trama" ideada polo propietario dunha academia privada ourensá para captar ata medio millón de euros en subvencións para cursos mediante "documentos falsificados"
O PPdeG carga contra oposición por reprocharlle a corrupción: "Corrupto é todo o mundo"
Os conservadores aseguran que a corrupción "é transversal" nunha tensa sesión da comisión de relacións do Consello de Contas, na que rexeitaron a proposta socialista para "garantir a confidencialidade de calquera denunciante" de presuntas condutas corruptas