Telmo Martín brinda pola volta ao poder en Sanxenxo á fronte dun bipartito coa escisión do PP local
O alcalde de Sanxenxo renuncia ao posto nun tenso pleno como paso previo ao nomeamento de Martín. "Este señor vén a Sanxenxo a xestionar os nosos impostos ou a facer de novo os seus negocios?", preguntaba o pasado marzo o seu partido
As eleccións do 25S alargan a fenda xeracional no electorado galego
Por primeira vez dende 2005 o PP non foi, segundo o CIS, a forza máis apoiada entre a poboación menor de 35 anos. A posición do conservadores entre a xente moza é, así e todo, moito máis forte que cando perderon o goberno.
Fiel ao 90% e maior de 50 anos: así é o electorado que sustenta a maioría do PP galego
GRÁFICOS | O estudo do CIS sobre os comicios galegos do pasado setembro ofrece respostas a algúns dos interrogantes sobre o comportamento electoral en Galicia e as razóns que levan a poboación a optar por unha ou outra forza política
O PP altera as datas do AVE Madrid-Galicia dentro dun pacto con Foro Asturias
O proxecto pasa a situar o remate do AVE galego en 2020 porque exclúe de vez a variante de Ourense, que queda relegada a 2024. O pacto con Foro inclúe o traslado de 2023 a 2025 o AVE a Vigo por Cerdedo, de cuxa construción real dubidan diversos cargos políticos
Os bebés nados dende xuño seguen a ter limitado o acceso á axuda da Xunta para escola infantil
O Goberno galego asegura que "todas" as familias con nacementos posteriores a xuño poden acceder ao Bono Concilia para financiar unha praza privada, pero a convocatoria oficial segue a limitalo aos concellos que non conten con escolas infantís públicas
O PPdeG fica só no veto a investigar o accidente de Angrois e Feijóo gábase da súa "coherencia"
O presidente da Xunta atribúe a un "axuste de contas" interno o apoio do PSdeG por primeira vez a abrir no Congreso unha comisión sobre o sinistro e acusa o conxunto da esquerda de "aproveitar a dor das vítimas". José Blanco declárase disposto a comparecer se a investigación é aprobada
A Xunta afonda no préstamo de libros de texto e constata o fracaso das súas axudas parciais
O modelo de cheques que Feijóo defendeu como máis barato e beneficioso a nivel académico fica restrinxido aos dous primeiros cursos de primaria mentres se estende o 'Fondo solidario' de préstamo por ser, di agora o Goberno, "beneficioso para o sistema educativo"
A xuíza arquiva a acusación de acoso sexual e suborno contra Baltar
A instrutora dá por probado que a denunciante desenvolveu labores no PP e na Deputación ourensá, pero non ve "debidamente xustificada a perpetración dos feitos punibles". Basea o arquivo nas declaracións das testemuñas e en que, formalmente, Baltar fillo non tiña cargos en Ourense no momento dos feitos
Todas as cidades galegas agás Ourense logran fondos da UE para plans de desenvolvemento sostible
As propostas de 16 concellos galegos serán cofinanciadas polos fondos EDUSI cun total de 118 millóns de euros. A Coruña e Ferrol logran 15 e 10 millóns tras ficaren fóra do reparto na primeira convocatoria
Os 'cheques bebé' de 2016 custaron á Xunta 400.000 euros máis do previsto
Política Social vese obrigada a inxectar máis fondos para poder sufragar as Tarxetas Benvida concedidas durante 2016. Os erros de previsión orzamentaria tamén afectaron nos últimos meses á Risga e ás axudas para o pagamento da luz
A queixa da Valedora polos atascos da AP-9 evidencia a falla de competencia para multar a Audasa
A defensora galega inicia, como o seu antecesor, unha queixa de oficio que non terá consecuencias para a concesionaria. Feijóo resta importancia a que o ministro de Fomento se negase á transferencia tres días despois de pedila o Parlamento: "nada mudou"
A xuíza De Lara imputa a Conde Roa por presunto financiamento irregular do PP de Santiago
A instrutora do caso Pokémon cita como investigados o ex-alcalde de Santiago e un ex-edil do goberno popular da capital galega para instalos a aclararen a orixe de 17 ingresos nas contas do partido no ano 2011, cando gañaron as eleccións