O congreso do PSOE lanza a conta atrás para a fin da interinidade no PSdeG
O PSdeG acumula un ano e catro meses cunha dirección provisional. A delegación galega no conclave federal reproduce a esmagadora vitoria de Pedro Sánchez e marca o camiño para o congreso nacional galego do outono
O PSdeG insta a Xunta a aclarar se tras a "chapuza" da venda dos helicópteros prepara un contrato "á medida"
Toda a oposición pide a comparecencia no Parlamento do subdirector xeral de Gardacostas despois de que a Consellería non dese atopado empresa para facerse cargo do servizo e lanzase unha consulta para coñecer o seu "custo real"
O Sergas non informará do efecto do peche estival de camas nas listas de espera por terceiro ano
Entre 2005 e 2013 os datos publicáronse cada 3 meses; o do terceiro trimestre reflectía o impacto da redución de actividade no verán. En 2014 o Sergas publicou os datos sen sumar Povisa e dende 2015 só informa sobre as listas dúas veces ao ano, evitando o verán.
O Parlamento votará a reprobación do fiscal de Ourense por pedir xulgar á denunciante de Baltar
Ana Pontón anuncia que o BNG formulará unha iniciativa para que a Cámara pida a dimisión de Florentino Delgado, o que obrigará o PP a tomar posición ao respecto. En Marea e colectivos feministas reclaman tamén o seu cesamento.
A familia de Franco pagará un máximo de 6.000 euros por incumprir a lei en Meirás
A Xunta confirma que ten en marcha un expediente por incumprimento do réxime de visitas, sinalado como infracción leve na lei de patrimonio cultural
O Congreso rexeita a moción de censura a Rajoy e Podemos convida o PSOE a negociar outra
A iniciativa de Unidos Podemos contra o Executivo do PP recibiu os votos a prol de Compromís, Esquerra e Bildu. O PSOE, como estaba previsto, optou pola abstención tras un debate no que o popular Rafael Hernando defendeu o seu partido como "honrado, decente e honesto"
O fiscal xefe de Ourense pide xulgar a muller que acusou a Baltar de ofrecerlle emprego por sexo
Florentino Delgado, que xa arquivara a denuncia contra o barón do PP en 2015, recorre o arquivo da causa para tentar sentar no banco da acusación á denunciante, á que acusa de "presionar" a José Manuel Baltar e mais ao seu pai para delinquiren
O descenso dos desafiuzamentos frea en Galicia no inicio de 2017
Durante os primeiros tres meses do ano producíronse no país un total de 684 lanzamentos, un 14,4% máis que no mesmo período de 2016. As execucións hipotecarias
A lista de espera da dependencia estáncanse en niveis de 2014 malia ao récord de prestacións
O freo de tres anos e medio na atención a dependentes imposto polo Goberno de España segue a lastrar o sistema en Galicia. Se a Xunta cumpre a promesa de chegar ás 60.000 persoas atendidas a agarda quedaría nunhas 5.000
Iglesias tende a man ao PSOE na moción de censura, que Feijóo ve "impropia dun país occidental"
O Congreso dos Deputados debate a censura de Unidos Podemos ao Goberno do PP nunha prolongadísima sesión. Rajoy cre que o "sucedáneo de programa" de Iglesias sería "letal para o modelo de convivencia que nos demos"
Voando pola Galicia urbana dos anos 40: así mudaron as nosas cidades
IMAXES INTERACTIVAS | O Instituto de Estudos do Territorio avanza o traballo sobre as imaxes tomadas polo exército americano en 1946 cunha fotografía de cada unha das sete cidades. Compáraas con esta ferramenta co seu aspecto actual
A Xunta pregunta ás empresas canto custa o salvamento que realizaba cos helicópteros que vendeu
A Consellería do Mar lanza unha consulta ás compañías privadas para saber o "custo real" do servizo tras quedar deserta a contratación para a que ofrecía 40 milóns. Explica que "non dispón de helicópteros en propiedade", pero obvia que si os tiña ata 2012