O primeiro ministro portugués clausura o congreso do Eixo Atlántico coa Xunta ausente
António Costa ve o Eixo "consolidado como um dos grandes motores de desenvolvimento" e mostra dunha Europa "aberta para o mundo". "Chamou especialmente a atención a ausencia de representantes da Xunta", di a entidade que agrupa os concellos de Galicia e o norte de Portugal
A Xunta non atopa empresa para o servizo de salvamento tras vender os helicópteros que tiña
A Consellería do Mar vén de declarar deserto o concurso para contratar os helicópteros de salvamento marítimo, ao que só concorreu unha empresa. A Xunta vendeu en 2012 os helicópteros pola metade do que custaran sen facer un estudo sobre a "repercusión" da operación, segundo o Consello de Contas
Feijóo afirma que A Coruña e Santiago "son incapaces de aprobar os orzamentos", ambos en vigor
As contas de Santiago están en vigor dende marzo e as da Coruña, dende maio, mentres que o goberno de Ferrol aínda non as deu aprobado. O Concello de Ourense, única cidade gobernada polo PP, ten o orzamento prorrogado dende 2014.
O sistema financeiro galego, esfarelado nunha década pola crise e a mala xestión
INTERACTIVO A fusión de Caixanova e Caixa Galicia foi o principal fracaso duns anos de reestruturacións, rescates, vendas e desaparicións tras os que a única entidade do país que se mantén como tal é Caixa Rural Galega
O PP impide investigar os contratos de Villar Mir coa Xunta para non "destruír a democracia"
En Marea e BNG lamentan que os populares impidan aclarar as relacións do Goberno co empresario que agarda autorización para vender as centrais de Ferroatlántica nunha comisión que finalmente tamén apoiou o PSdeG
A Xunta oponse por primeira vez en 20 anos a que a oposición impulse unha lei no Parlamento
O Goberno emite un ditame contrario á toma en consideración dunha proposición do PSdeG para fixar prazos de cumprimento á lei dos medios públicos de comunicación. O Executivo non promulgaba un informe negativo coma este dende novembro de 1995.
As inscricións no paro baixan en Galicia ata niveis de 2009, pero aínda faltan 60.000 empregos
O desemprego rexistrado quedou en maio en 199.638 persoas, o que supón un descenso interanual do 9,45%. Os 6.800 novos empregos do mes de maio rexistráronse mentres se asinaban 87.595 contratos
A Xunta financia a ampliación do 'bosque' do Gaiás con cartos do orzamento de repoboacións forestais
A nova fase da plantación, anunciada o pasado marzo por Feijóo, custará uns 600.000 euros, dos que máis de 70.000 saen de fondos inicialmente previstos para creación e mellora de masas forestais. O pasado ano o Goberno xa transvasara 111.000 euros do tícket eléctrico ao alumedo da Cidade da Cultura.
O Concello santiagués expedienta a construtora que tapiou o edificio ocupado tras o seu desaloxo
O alcalde lamenta que a delegación gobernamental non lle comunicase o dispositivo nin dese ao Concello posibilidade de mediar. O PP acusa a Noriega de "non respectar a legalidade" e repróchalle que "permitise" a ocupación, iniciada en 2014.
Abanca non revelará ao Parlamento a indemnización de Méndez por "confidencialidade"
A entidade que mercou os restos de Caixa Galicia e Caixanova responde á solicitude da comisión de investigación das caixas que a lei de protección de datos lle impide informar sobre a compensación que recibiu o antigo director xeral, estimada nuns 18 millóns de euros
A Xunta queda sen cartos para novas peticións da renda de inclusión social por segundo mes consecutivo
O desequilibrio entre a previsión inicial e o gasto real na Risga elévase dous meses despois de aprobar os Orzamentos a 1,5 millóns de euros para afrontar 219 solicitudes. A suba dos fondos da Risga está ligada ao incremento de persoas en situación de pobreza.
Xunta, PP e Concello de Vigo enléanse cos lindes da candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade
A presentación por parte do Goberno galego dunha candidatura que abrangue todo o Parque das Illas Atlánticas foi lida no consistorio como un "desprezo" que deu lugar a enésima guerra entre as institucións, agora a conta dunha delimitación que adoita variar durante os trámites desta distinción