Galicia bate o récord de contratos laborais no primeiro cuadrimestre por mor da temporalidade
Os contratos iniciais rexistrados entre xaneiro e abril de 2017 fron case 95.000 máis que hai catro anos. O incremento do emprego fica, no entanto, en torno á metade.
O Goberno de España admite que aínda non ten prazo nin orzamento para limpar a ría do Burgo
A ministra de Agricultura remite a concreción dos plans aos "ritmos e tempos" da adiada Declaración de Impacto Ambiental en resposta a unha interpelación de En Marea na que reiterou a súa pechada defensa de ENCE entre críticas aos concellos da Coruña, Santiago, Ferrol e Pontevedra
Novo clamor na rúa "para que ninguén teña que explicar por que fala a súa lingua"
Milleiros de persoas volven responder á convocatoria da Plataforma Queremos Galego, desta volta centrada no "dereito" a empregar o idioma propio en todos os ámbitos
O PPdeG mantén que a "situación" do traspaso da AP-9 é "mellor" e obvia que Fomento xa a negou
O PSdeG ironiza con que Galicia teña "un presidente buchipluma" ante Madrid e En Marea e BNG censuran a nova "tomadura de pelo". Puy aférrase a que "hai tempo para convencer" o Goberno de España
Íñigo de la Serna, o ministro sincero
CRÓNICA A nova negativa a transferir a AP-9 malia á petición unánime do Parlamento certifica a diverxencia entre as posturas do titular de Fomento e as expectativas galegas, unha disparidade que os argumentarios da Xunta e do PPdeG tentan parchear con escaso éxito
A Xunta garantiu en 2016 que "nunca haberá" a separación das centrais que pide Ferroatlántica
O Goberno galego limítase a indicar que "aplicará a lei" con "transparencia" tras a solicitude formal da compañía de Villar Mir, que esgrime un informe de dous profesores da USC para asegurar que Augas de Galicia "non pode negarse" ás súas pretensións
A pesca do xeito sálvase do veto da UE malia que Xunta e Goberno de España informaron mal e tarde
O Consello de Ministros de Pesca da UE aborda o novo regulamento sobre a conservación dos recursos pesqueiros e a ministra Tejerina asegura que "mantén a posibilidade de seguir pescando con xeito". A Comisión admitiu que mudou a súa postura tras ter contacto directo co sector.
Feijóo recúa e paraliza o decreto de persoal investigador tras a protesta dos científicos
"Se o que buscamos é dar estabilidade e este decreto parece que vai producir o contrario, o lóxico é paralizalo", di o presidente despois de que referentes da investigación científica se dirixisen a el para alertar dos riscos da norma
O PP votou dúas veces en Madrid contra o traspaso da AP-9 dende que Rajoy impediu tramitalo
Os populares galegos reiteraron tras a aprobación da segunda lei a prol da transferencia que a seguen a "demandar", pero na Cámara Baixa optaron por non apoiar a petición ao Goberno de España para tramitala
A entidade que asigna as bandeiras azuis admite que poden prexudicar espazos naturais "fráxiles"
A guía para a concesión deste galardón, que este ano ondeará en 113 praias galegas, admite que o distintivo non é "aconsellable" para contornas sensibles polo impacto do turismo. A UE desligouse do Programa Bandeira Azul hai case vinte anos polo seu escaso "rigor"
O PPdeG plaxia unha reportaxe xornalística para redactar unha iniciativa sobre Reganosa
A proposta dos populares, defendida por Miguel Tellado este mércores, reproduce parágrafos enteiros dunha información de 'El Español' sen citar a súa procedencia. "Recoméndolle que cando plaxien parágrafos literais se esforecen un pouquiño e citen a fonte", dille o BNG.
A Xunta incluíu no plan de discapacidade 2010-2013 o centro de 13 millóns que aínda ten pechado
O plan situaba como horizonte para a "posta en marcha do CEGADI" o ano no que remataron as obras tras varios atrasos. A avaliación final do proxecto corrixiu o informe de seguimento de 2013, no que a entrada en servizo da infraestrutura chegou a darse por "executada"