O banco malo négase a informar o Parlamento sobre o 'ladrillo tóxico' que lle transferiu Novagalicia
A Sareb comunica por carta á Cámara galega que non lle facilitará o listado que reclama a comisión de investigación das antigas caixas para coñecer os detalles dos máis de 5.000 millóns de euros de activos que absorbeu da entidade herdeira de Caixa Galicia e Caixanova
Galicia comezou 2017 coa terceira maior suba do paro do Estado
O país suma case 13.000 persoas ao paro entre xaneiro e marzo, 10.400 menos que un ano antes. O mercado laboral galego destruíu 16.000 empregos e regresou á senda descendente da poboación activa.
O Congreso volverá debater a apertura dunha investigación sobre Angrois
En Marea rexistra xunto á Plataforma Víctimas Alvia 04155 unha nova solicitude de comisión de investigación sobre o sinistro no que faleceron 80 persoas. "A única explicación á reiterada negativa á investigación é que teñen moito medo, moito que ocultar", din
Feijóo non aclara se autorizará vender as centrais de Ferroatlántica malia ao ultimato da empresa
O titular da Xunta esixe ao BNG "respecto" para Manuel Fraga por lembrar as "xenerosas doazóns" de Villar Mir á fundación que leva o nome do ex-presidente e mantén, en resposta En Marea, que non ten "nada que ocultar" na relación do Goberno galego co empresario
Feijóo esixe "desculpas" ao PSdeG por instalo a cumprir a lei da CRTVG, aprobada en 2011
Leiceaga reclama desenvolver "integramente" a lei dos medios públicos seis anos despois da súa entrada en vigor. O presidente gábase da redución de orzamento da compañía e retruca que os socialistas "non poden reclamar" pola falta de "obxectividade" da TVG durante o bipartito
Os escándalos co PP en Madrid ensombrecen as operacións de Ferroatlántica en Galicia
O presidente de Ferroglobe, empresa que pretende vender as centrais nos ríos Xallas e Grande, foi detido por presuntas comisións ilegais ao PP madrileño. A Xunta asegura que se limitará a cumprir a lei e a oposición galega esixe "frear" a Villar Mir
Noriega e o alcalde socialista de Valladolid apelan a mobilizarse contra as restricións de Rajoy aos concellos
O rexedor compostelán e o seu homólogo vallisoletano defenden os procesos de municipalización en marcha e aseguran estar "obrigados a cooperar" fronte a normas como a 'lei Montoro'. "Unha noite acampados diante do Congreso viría moi ben ao municipalismo", din.
Esperanza Aguirre, "sorprendida" por atopar un dos acusados da Gürtel en actos do PP en Galicia
A ata este luns líder do PP no Concello de Madrid declarou ante o tribunal que outro dos investigados "organizou" o desprazamento de membros de Novas Xeracións a Galicia "cando foi o do chapapote"
A Xunta ofrece máis cartos a concellos que renuncien a cobrar parte dos impostos municipais
O Goberno dará "prioridade en diferentes ordes de axudas" a concellos que asinen o compromiso de "suprimir" ou rebaixar tributos como o IBI. Os concellos propoñen un novo marco legal para financiárense e esixen a fin das restricións da 'lei Montoro'
Os albergues privados de peregrinos indígnanse coa Xunta pola obriga de poñer sabas de tea
Os albergues privados defenden seguir ofrecendo unha saba de papel "que o peregrino debe poñer na súa propia cama"; do contrario, din, terán que subir prezos. Turismo alega motivos de hixiene e imaxe para aplicar o cambio
Arquivada a causa contra cargos do PP por carrexar anciáns con demencia nas eleccións de 2012
A Audiencia lucense certifica que a carretaxe se produciu e concorda no "reproche ético e social" dos feitos, pero non cre que encaixen nos delitos tipificados pola lei. Unha das maxistradas da Sala oponse ao arquivo por ver necesario seguir adiante e imputar a directora do asilo
Media década a agardar por unha Fiscalía Anticorrupción en Galicia
A nova postura da Fiscalía Xeral do Estado, que ve "probable" e "conveniente" unha delegación galega de Anticorrupción, crea esperanza no cumprimento dunha demanda que a fiscalía superior galega vén formulando sen éxito e sen apoio da Xunta