Feijóo tenta paliar o impacto político da caída no Orzamento do Estado cun "comité de seguimento"
Xunta e Fomento instan a non comparar o orzamentado en 2017 co previsto nas anteriores contas estatais e o presidente da Xunta asegura que o orzamento "será mellor que o de 2015 e o de 2016" se é "executado"
Fomento certifica o abandono sen prazo da nova liña de tren a Lugo que prometeu Feijóo
Os Orzamentos do Estado prevén variantes e melloras da liña convencional entre Ourense e Lugo e limitan a estudos sen prazos o tren de alta velocidade, reiteradamente prometido
O investimento do Estado en Galicia cae un 32% ao chegar á fin das grandes partidas do AVE
GRÁFICOS O Ministerio de Facenda entrega ao Congreso o proxecto de Orzamentos para 2017 con algo máis de 924 millóns de euros previstos en proxectos para Galicia, de novo capitalizados pola conexión ferroviaria con Madrid
A memoria histórica que esmorece: quedan 230.000 persoas en Galicia que viviron o golpe franquista
Remata o tempo para lembrar a represión da ditadura con fontes de primeira man. Cando a Xunta declarou o 2006 como ano da memoria ficaban o dobre de testemuñas vivas que na actualidade.
CRÓNICA | Guerra de relixión no Parlamento de Galicia
O PP defenderá no último pleno antes da Semana Santa dúas iniciativas que regresan á polémica a respecto dos vínculos entre política e relixión
Fomento escúsase polos Orzamentos do Estado para Galicia antes de que sexan públicos
Tras varios anos chamando a atención sobre o incremento de partidas o Goberno de España tenta amortecer o impacto da súa diminución, derivada do avance de obras do AVE a Madrid
A renda da poboación galega estáncase 21 puntos por baixo da UE malia ao crecemento económico
A renda per cápita de Galicia pechou 2015 no 79% da media comunitaria, mentres que a Xunta prevera acadar o 95%. O país afástase da converxencia europea pero gaña posicións relativas a respecto doutros territorios do Estado, que retrocederon máis.
A Xunta amplía todos os concertos educativos á fin da próxima lexislatura aínda que a LOMCE non a obriga
A 'Lei Wert', aínda vixente, establece que os concertos de Primaria deben ampliarse de catro a seis anos, pero a Xunta opta por estender a duración en todos os niveis do ensino concertado
Unha investigación galega acredita como os eucaliptos minguan a vida nas beiras dos regatos
Investigadores da Universidade de Vigo acreditan nun estudo en afluentes do Lérez que "cando aumenta o solo ocupado por eucaliptais" diminúen insectos que se alimentan de especies autóctonas e, á súa vez, son sustento dos peixes. Recomendan a recuperación dos bosques de ribeira.
O PP gastou na campaña das eleccións galegas case o mesmo que toda a oposición xunta
O Consello de Contas vén de entregar ao Parlamento a fiscalización da contabilidade electoral e de dar luz verde ás subvencións tras non atopar irregularidades na contabilidade das forzas que obtiveron representación parlamentaria o 25S
O TSXG ve "de ínfimo valor" os lotes de viño de 500 euros remitidos por Monbus a políticos
O alto tribunal galego considera que agasallos como os enviados por Raúl López a Feijóo ou Rueda só poden ser considerados delito se superan o limiar da cortesía ou son obxecto de "reprobación social". A propia Xunta fixou este límite en 90 euros.
O TSXG non ve delito nos envíos de viño de Monbus a Feijóo e Rueda e arquiva a causa
Apenas vinte e catro horas despois de que o Supremo certificase o arquivo da investigación a Blanco e Barreiro o alto tribunal galego comunica unha decisión idéntica ao non apreciar "indicios de delito" nos políticos agasallados por Raúl López