A Xunta non entregou catro de cada dez documentos que pediu a oposición a pasada lexislatura
A oposición formulou 1.232 solicitudes de documentación de 2012 a 2016 e o PP rexistrou 14. Só unha das once comisións de investigacións solicitadas foi aprobada, co accidente de Angrois como asunto máis vetado do mandato.
O PP de Ourense tamén esmaga no voto exterior e evita que o PSdeG sume un escano máis
Os de Baltar logran 1.059 votos do CERA fronte a 344 dos socialistas, que non logran o terceiro escano ourensán que os colocaría como segunda forza en representación parlamentaria. No conxunto do voto exterior o PP tivo o 49% dos apoios cunha abstención do 98%.
Centos de persoas retiran toneladas de lixo dos ríos galegos
Unha corentena de asociacións de toda Galicia colaboran na limpeza simultánea organizada polo Proxecto Ríos que impulsa Adega. Residuos de hostalería ou obras e mesmo animais afogados, entre o refugallos retirados polo voluntariado.
Os concellos da Arousa rebélanse contra a enésima caricatura como "capital do narcotráfico"
Municipios arousáns únense ao chamado do goberno da Pobra para esixir que a canle Cuatro "rectifique" tras emitir unha reportaxe na que presentou a vila como "capital do narcotráfico" con "taxas de criminalidade disparadas"
En Marea e BNG, primeiros grupos en botar a andar na nova lexislatura galega
Luís Villares e Ana Pontón reúnense cos que serán cadanseus grupos parlamentarios por primeira vez tras o 25S. Villares resalta que a nova formación "exercerá" como a primeira da oposición e Pontón avanza cal será a súa primeira iniciativa na nova lexislatura.
A "blindaxe" do castelán na Xunta que Feijóo anunciou en campaña realmente non muda nada
Feijóo anunciou con solemnidade a dez días do 25S que "se o cidadán consulta en castelán, será contestado en castelán". A norma, publicada este venres no DOG, indica que nunha nova oficina de atención se ofrecerán respostas na "lingua cooficial solcitada, de ser o caso", como xa sucedía.
Baltar pai atribúe unha "chantaxe" á muller que acusa o seu fillo de ofrecerlle emprego por sexo
O patriarca do clan Baltar declara como investigado -antiga imputación- por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias ante a xuíza que instrúe a causa contra o seu fillo e sucesor na Deputación e no PP de Ourense
A nova composición do Parlamento obriga a oposición a tecer o seu primeiro pacto
O empate de En Marea e PSdeG a 14 escanos fai imprescindible un acordo para distribuír os postos na Mesa da Cámara. Ambos grupos poden pactar entre si, buscaren un acordo bilateral co BNG ou apostaren entre os tres por unha solución rotatoria.
A xestora do PSdeG sae en defensa de Sánchez e Feijóo congratúlase da quebra do PSOE
O alcalde de Vigo alíñase coa operación para desbancar a Sánchez e nega "que uns lle queiran dar voz aos militantes e outros, non"
O abandono escolar galego volve achegarse á media da UE tras afastarse antes da crise
Os anos da bonanza económica incrementaron ata case o 26% o estudantado galego que abandonaba os estudos antes de tempo. O indicador sitúase agora seis puntos por baixo da media europea, pero tres por riba do fracaso escolar medio no Estado.
Vóteme, burro
David Lombao
En Marea definirá o seu "despregamento territorial" tras o debate de investidura
Villares garante o "compromiso do grupo de 14 deputados e deputadas para ocupar a segunda forza no Parlamento" e sinala a falta de tempo como unha das principais dificultades da campaña electoral