Concello, bombeiros e hospital piden acoller na Coruña dous nenos refuxiados en estado "crítico"
O goberno local da Coruña pídelle a Exteriores que autorice o traslado dende Grecia de Mudafar e Ahmed xunto á súa familia. Padecen unha doenza conxénita que precisa ser tratada e pola que a súa vida corre perigo, segundo ratifican médicos do CHUAC.
Feijóo pide con Baltar un "correctivo duro" á esquerda que quere "colapsar o país"
Os máximos dirixentes do PPdeG inician a campaña das xerais na provincia de Ourense tras suxerir que só actuarán contra José Manuel Baltar se é condenado.
O Sergas accede a mudar a empresa de cociña do hospital de Vigo tras meses de protestas
A xerencia da área sanitaria viguesa admite agora a mala calidade da alimentación que recibían os pacientes e atribúe ao seu plan de "mellora e escoita activa" a decisión de prescindir da concesionaria. Doentes e persoal queixáronse de alimentos mal cociñados e mesmo en mal estado.
A Xunta activa o contrato para organizar as eleccións galegas con "antelación suficiente"
O Goberno galego inicia os trámites para contratar a impresión de documentos, a organización da xornada electoral e a difusión da información por un importe global de algo menos de 3 millóns de euros.
O PP defende que só "axudou" as anciás con demencia ás que levou a votar
A dirección do PP lucense abéirase en que "ningunha" das persoas 'carrexadas' estaba "incapacitada legalmente". EU, que actúa como acusación popular, esixe que Feijóo promova cesamentos e volverá pedir a comparecencia da monxa que dirixe a residencia.
Galicia, en campaña ata o outono
Comezan as campañas. O que no conxunto do Estado se agarda como a fin do desbloqueo para a a formación de Goberno en Galicia é tamén o primeiro acto das transcendentais eleccións do outono
O PP de Lugo, a xuízo por carrexar anciáns con demencia nas eleccións de 2012
A xuíza dita a apertura de xuízo oral aos membros do PP lucense que trasladaron a varios residentes dun centro de maiores ata un colexio electoral malia "careceren de capacidade para decidir o sentido do seu voto". A Fiscalía reclamou o arquivo do caso.
O CIS mantén o PPdeG con 10 escanos por Galicia e asenta En Marea como segunda forza
O Centro de Investigacións Sociolóxicas augura que Unidos Podemos e as confluencias superarían o PSOE en votos e escanos e prognostica que En Marea lograría o seu sétimo escano en detrimento do PSdeG, que ficaría con 5.
A dirección do PP suxire que non actuará contra Baltar se non é condenado
Tellado insta a agardar a que "a Xustiza actúe e fale" antes de decidir se a cúpula do partido lle pediría a Baltar que abandone algún dos seus cargos. Baltar pai consegue adiar a súa declaración ante a xuíza.
O Sergas envía un 'argumentario' ao seu persoal de Vigo no que reduce as críticas a "lendas urbanas"
O xerente da área sanitaria viguesa remítelle ao plantel dous documentos sobre o "futuro" do Meixoeiro no que distingue os reproches á súa xestión entre "falsos" e "totalmente falsos". A xerencia nega que haxa "moitas" derivacións á privada e dá por rematado o "déficit crónico de camas".
Touriño e Laxe avalan a candidatura de Leiceaga: "Pode ser un bo presidente da Xunta"
O candidato do PSdeG reúnese cos expresidentes socialistas e amosa a esperanza de que o seu "futuro goberno" poida "representar" o "cambio na forma de facer política" no xeito en que o fixeron os seus antecesores.
O vindeiro goberno da Xunta terá que trazar un novo mapa das liñas de autobús
O PP comeza a tramitar no Parlamento unha lei de urxencia para paliar a anulación da prórroga xeralizada das concesións de buses coa que, segundo o Supremo, o actual Goberno galego quebrantou a normativa da UE.