Os infartos son tratados en Lugo 82 minutos máis tarde que en Santiago
O Sergas admite que a poboación de Lugo, onde a hemodinámica só funciona en horas de oficina, é a que máis tempo tarda en recibir tratamento cando sofre un infarto, pero subliña que a demora non inflúe na mortalidade dos doentes.
Galicia en campaña: Feijóo proclama que un goberno das mareas sería "peor que a crise"
O presidente da Xunta lánzase á carreira das eleccións sen datas nin candidatos e esgrime a "estabilidade" do PP fronte á "inestabilidade da multimarca populista". A oposición augura unha inminente escenificación do "sacrificio" de recuncar como candidato.
Baltar non consegue anular a causa polo presunto ofrecemento de emprego por sexo
O avogado do barón ourensán reclama sen éxito a nulidade e a exclusión de Democracia Ourensana como acusación popular. A maxistrada investiga o político por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias, sen desbotar o acoso sexual.
A Xunta comprometeuse a publicitar nos hospitais as axudas da Fundación Amancio Ortega
O Sergas asumiu por escrito que debe amosar "nun lugar visible dos centros sanitarios" a achega da entidade do propietario de Inditex, que puxo 16,8 millóns para financiar mamógrafos e equipos de radioterapia.
Os altos directivos de entidades da Xunta custan tanto como o Goberno
Os salarios dos cargos de entes instrumentais con contratos de alta dirección suman practicamente o mesmo que as remuneracións de presidente, conselleiros e altos cargos. Consulta, procura e reutiliza os datos coa ferramenta de Praza.gal.
O PP gábase de "afastar do partido" as persoas imputadas unha semana despois do aval a Baltar
De Cospedal retruca ás imputacións de Besteiro que a dirección popular "pide responsabilidades e afasta do partido" a todos os cargos que son obxecto dunha investigación xudicial ou mesmo cando hai "indicios razoables".
De Lara imputa a Besteiro e outras seis persoas na operación 'Pulpo'
A maxistrada ergue o segredo da investigación sobre un plan turístico da Deputación de Lugo xusto despois de que Pedro Sánchez avalase o líder do PSdeG, a quen agora atribúe seis presuntos delitos. O secretario xeral dos socialistas convoca de urxencia a súa Executiva Nacional para este sábado.
Guía para coñeceres os soldos do Parlamento galego, públicos por primeira vez
A Cámara galega publica por primeira vez as remuneracións dos seus membros, pero en formato pechado e non reutilizable. Durante 2015 os salarios do lexislativo sumaron 4,6 millóns de euros e os membros da Mesa cobraron máis que o presidente da Xunta.
Feijóo asume o incumprimento do gasto "cero" en alugueiros que prometeu para esta lexislatura
O Goberno galego renuncia á promesa incluída no programa electoral do PP e adía a 2017, primeiro ano do vindeiro mandato, o obxectivo de reducir o importe dos arrendamentos da Xunta a 1,7 millóns anuais.
Leite Río ameaza con levar a Madrid a súa factoría declarada ilegal en Lugo
O propietario da empresa láctea responsabiliza o Concello lucense da posible deslocalización da factoría, a cal xa esgrimiu durante a folga gandeira e que, segundo fontes da contorna da empresa, está practicamente decidida.
Mapa interactivo: explora os salarios dos 63 altos cargos do Goberno da Xunta
A Xunta vén de estrear o seu novo portal da transparencia. O sitio web ofrece algúns datos novos e recompila outros antes espallados, como as remuneracións dos altos cargos. Coñece polo miúdo con esta ferramenta os soldos do Executivo, que suman 3,6 millóns ao ano.
Bocas tapadas do persoal do Sergas contra a "censura" no hospital de Vigo
Persoal do CHUVI mobilízase no Álvaro Cunqueiro e mais no Meixoeiro como resposta á circular na que a xerencia do complexo ameaza con sancións ao persoal que difunda "mensaxes" críticas coa súa xestión.