A xuíza abre a porta a investigar a Baltar por acoso sexual
A maxistrada rexeita os recursos do barón ourensán e da Fiscalía e mantén as citacións para o vindeiro 10 de marzo. Cinco días antes da declaración o dirixente será reelixido presidente do PP ourensán, en cuxo congreso é o único candidato.
A Xunta liquida o mapa comarcal galego para impulsar a fusión de Cerdedo e Cotobade
Catro anos despois de anunciar a fusión de Oza e Cesuras o Goberno galego anuncia que farán o propio un concello da comarca de Tabeirós-Terra de Montes e outro da comarca de Pontevedra.
Ánxel Casal: 80 anos do día en que o editor do galeguismo foi alcalde
O 23 de febreiro de 1936 Ánxel Casal tomou posesión como alcalde de Santiago. Durante o seu breve mandato o responsable da Editorial Nós introduciu a lingua galega na vida municipal e impulsou decisivamente a campaña do Estatuto de Autonomía.
ENCE insta o Concello de Pontevedra a "preocuparse" do paro tras declarar 'non grato' a Rajoy
A pasteira rífalle ao consistorio pontevedrés cun anuncio en varios xornais impresos nos que defende as garantías ambientais da factoría de Lourizán e insta a non "usar" o seu nome "en loitas políticas".
As críticas co relatorio oficial do BNG non presentarán candidatura: "a cuestión son as ideas"
Carme Adán, Tereixa Paz e Alba Nogueira apostan por que a "refundación" do Bloque sexa "inmediata". Goretti Sanmartín apela á "participación masiva" na Asemblea Nacional do vindeiro domingo.
Rajoy xa é "non grato" en Pontevedra por blindar ENCE ata 2073
O pleno pontevedrés aproba nunha tensa sesión a reprobación do presidente do Goberno de España en funcións, promovida por PSdeG e Marea, apoiada polo BNG e rexeitada por PP e Ciudadanos
"Non nos diferenciamos do cine americano en creatividade ou talento, só en orzamentos"
Dani de la Torre volve á Coruña con 'El Desconocido' para, tras triunfar en diversos certames e exportar o filme a 25 países, compartir a fita co público en primeira persoa antes de abordar novos proxectos
Touriño e Quintana reencóntranse para escoitar a tese que analiza a derrota do seu goberno
Os que foran presidente e vicepresidente da Xunta asisten á lectura da tese de doutoramento do xornalista e politólogo Paulo Carlos López, na que debulla a axenda política, mediática e pública na campaña electoral de 2009.
Rajoy será "persoa non grata" en Pontevedra dende o luns pola prórroga de ENCE
O alcalde pontevedrés ratifica o apoio do BNG á proposta de PSdeG e Marea para reprobar simbolicamente o presidente do Goberno en funcións por autorizar a prórroga á permanencia de ENCE na ría de Pontevedra
Lugo sobe ao tren para esixir conexións "dignas"
Unha ducia de colectivos e representantes de todos os partidos agás o PP realizan unha viaxe simbólica entre Lugo e Monforte para evidenciar que a provincia fica "sen servizo de ferrocarril" mentres se suceden os anuncios de alta velocidade cara a Madrid.
Lidia Senra: "O colonialismo non é cousa do pasado, só mudaron as súas formas"
ENTREVISTA A eurodeputada de AGEe participa dende estes venres nas xornadas que a coalición organiza sobre 'A historia de Europa decolonial e da Europa dos pobos sen Estado' xunto a diversos representantes do mundo político e académico
A Xunta non entregou o 60% dos documentos que lle reclamou a oposición durante 2015
O Goberno galego tiña pendentes a final de ano 147 das 251 peticións formuladas, aínda que o Regulamento da Cámara estipula que a documentación ten que ser achegada no prazo máximo dun mes.