Profesionais da saúde mental instan a non actuar pola forza contra persoas sen fogar
A Asociación Galega de Saúde Mental retruca aos comerciantes composteláns que instan a ingresar "contra a súa vontade" a dúas persoas sen teito que, atendidas por Cáritas e Cruz Vermella a través do Concello, adoitan estar nunha céntrica rúa.
Unanimidade parlamentaria para que o escudo franquista deixe de presidir un instituto de Lugo
O PP acepta apoiar unha iniciativa de AGE para a retirada da simboloxía do franquismo do IES Lucus Augusti, inaugurado polo ditador nos anos 50. Os populares votaron favorablemente tras emendar a proposta, que pedía retirar tamén a capela da sala de profesorado.
Feijóo proclama que en Galicia houbo "cero" recortes tras minguar mil millóns en áreas sociais
O conxunto de partidas sociais teñen este ano 329 millóns máis que en 2015, pero 727 menos que en 2009. Sanidade e Educación sumaron a metade do perdido e só Acción Social ten en 2016 máis dotación que cando Feijóo chegou á Xunta.
Caballero, en ruta por Galicia para trazar a estratexia do PSdeG cara ás eleccións
O rexedor vigués mantén encontros con cargos socialistas por todo o país para, di, axudar a "revitalizar" o partido antes da cita coas urnas. "Haberá primarias e teremos un magnífico candidato ou candidata" que vai "gobernar", augura.
O retiro rural que ligou a Mario Conde coa familia Baltar
O exbanqueiro detido este luns gozou durante os últimos anos dun pazo na Mezquita rehabilitado con fondos públicos cando era propiedade do sogro do barón do PP ourensán. A Xunta promocionouno ata 2014 como casa de turismo rural.
Cando Mario Conde se presentou ás eleccións contra "a casta" e o "sistema financeiro"
O exbanqueiro, detido este luns pola presunta repatriación dende Suíza de fondos roubados en Banesto, concorreu aos comicios galegos de 2012 como líder do partido Sociedad Civil y Democracia.
Mareas en Común lanza un proceso de "adscrición individual" que aglutine "as forzas do cambio"
Os documentos aprobados polas plataformas municipais apostan pola celebración dunha "marea viva", un foro que tome decisións como "a fórmula xurídica" ou a organización das primarias
A promotora da mina de Corcoesto manobra desde Panamá para litigar contra a Xunta
Salvemos Cabana subliña que Edgewater está a esixir compensacións a través de Corcoesto S.A., unha compañía creada a través dun bufete panameño especializado en sociedades offshore cinco meses despois de que a Xunta frease a mina.
A selección regresa cun Galicia-Venezuela tras sete anos de desdén da Xunta
O 20 de maio a Irmandiña retorna aos campos no que Louzán, presidente da Federación, augura como unha "festa" e un partido "histórico". O actual Goberno escudouse na "austeridade" para suprimir os partidos mentres o PP os ligaba ao "nacionalismo radical".
A primeira enquisa pública da precampaña pon a Feijóo á beira da maioría absoluta
Un inquérito de GAD3 para ABC realizado tras o anuncio da candidatura do actual presidente augura que o PP podería gobernar só ou co apoio de Ciudadanos. PSdeG e En Marea pugnarían pola segunda praza e o BNG tería ata cinco escanos.
O BNG terá candidatura á Presidencia da Xunta o 30 de abril
"Calquera militante" que xunte 50 avais poderá concorrer ao proceso, que será votado nas asembleas comarcais entre os días 21 e 27 e no que a opción de Ana Pontón se presenta como a máis probable.
O Apego polo galego na infancia duplica os seus concellos e xa chega a un millón de habitantes
Once concellos máis súmanse cunha celebración na Coruña ao proxecto de socialización en galego impulsado pola CTNL, que espalla dende 2015 recursos e actividades "dende unha valoración positiva da lingua".