O PP gábase de "afastar do partido" as persoas imputadas unha semana despois do aval a Baltar
De Cospedal retruca ás imputacións de Besteiro que a dirección popular "pide responsabilidades e afasta do partido" a todos os cargos que son obxecto dunha investigación xudicial ou mesmo cando hai "indicios razoables".
De Lara imputa a Besteiro e outras seis persoas na operación 'Pulpo'
A maxistrada ergue o segredo da investigación sobre un plan turístico da Deputación de Lugo xusto despois de que Pedro Sánchez avalase o líder do PSdeG, a quen agora atribúe seis presuntos delitos. O secretario xeral dos socialistas convoca de urxencia a súa Executiva Nacional para este sábado.
Guía para coñeceres os soldos do Parlamento galego, públicos por primeira vez
A Cámara galega publica por primeira vez as remuneracións dos seus membros, pero en formato pechado e non reutilizable. Durante 2015 os salarios do lexislativo sumaron 4,6 millóns de euros e os membros da Mesa cobraron máis que o presidente da Xunta.
Feijóo asume o incumprimento do gasto "cero" en alugueiros que prometeu para esta lexislatura
O Goberno galego renuncia á promesa incluída no programa electoral do PP e adía a 2017, primeiro ano do vindeiro mandato, o obxectivo de reducir o importe dos arrendamentos da Xunta a 1,7 millóns anuais.
Leite Río ameaza con levar a Madrid a súa factoría declarada ilegal en Lugo
O propietario da empresa láctea responsabiliza o Concello lucense da posible deslocalización da factoría, a cal xa esgrimiu durante a folga gandeira e que, segundo fontes da contorna da empresa, está practicamente decidida.
Mapa interactivo: explora os salarios dos 63 altos cargos do Goberno da Xunta
A Xunta vén de estrear o seu novo portal da transparencia. O sitio web ofrece algúns datos novos e recompila outros antes espallados, como as remuneracións dos altos cargos. Coñece polo miúdo con esta ferramenta os soldos do Executivo, que suman 3,6 millóns ao ano.
Bocas tapadas do persoal do Sergas contra a "censura" no hospital de Vigo
Persoal do CHUVI mobilízase no Álvaro Cunqueiro e mais no Meixoeiro como resposta á circular na que a xerencia do complexo ameaza con sancións ao persoal que difunda "mensaxes" críticas coa súa xestión.
A policía leva contratos do goberno do PP na Coruña por presunto tráfico de influencias
Axentes da policía xudicial incautan dous expedientes de 2011 e 2012 no consistorio coruñés referidos a contratos de bibliotecas municipais.
A dirección do PP defende a "obriga" de apoiar a Baltar e o seu "magnífico" labor
Os populares frean unha solicitude de comparecencia do presidente da Xunta sobre o seu aval ao barón ourensán e cren unha "parvada" as críticas da oposición, que censuran o apoio malia á investigación polo presunto ofrecemento de emprego por sexo.
Así censura o Sergas as protestas do persoal no novo hospital de Vigo
O xerente da área sanitaria viguesa remite unha circular ao persoal anunciando a retirada de "mensaxes" críticas coa xestión do complexo e advertindo con sancións a quen as reproduza. A concesionaria do centro contratou unha empresa para mellorar a imaxe do Álvaro Cunqueiro en internet.
O 93% da poboación galega que traballa a tempo parcial para coidar a familia son mulleres
8 DE MARZO A media de mulleres que durante 2015 tiveron que reducir a xornada laboral por mor dos coidados achegábase ás 20.000, mentres que os homes quedaron en 1.000. Expertas alertan da incidencia do discurso posmachista para "frear a conquista de dereitos".
Unha década de cruzada contra as leis que protexen a lingua galega
O cuestionamento de normas como a Lei de Normalización Lingüística, abeirado polo PP durante a súa oposición ao bipartito, regresa á actualidade por mor da anulación parcial da ordenanza de uso do galego no Concello de Lugo.