As principais obrigas da lei de transparencia de Feijóo entrarán en vigor co próximo goberno
Nos primeiros días de marzo entrará en vigor a nova lei de transparencia, aprobada o pasado decembro polo Parlamento. A dilación na súa posta en marcha e os prazos que inclúe provocan que algúns dos seus principais cambios en materia de acceso á información non teñan que ser asumidos polo actual Executivo
A Xunta asegura que coñeceu a prórroga de ENCE pola prensa
A conselleira de Medio Ambiente réstalle importancia a que o Goberno do PP prorrogase a autorización á pasteira estando en funcións e asegura que "chamará" os responsables da empresa para saber os seus plans, porque "non os coñece".
Así se derruba o antigo hospital de Lugo, co que a Xunta aínda descoñece que facer
Unha comisión municipal visita o recinto do vello hospital lucense e só pode acceder a unha parte por risco de derrubamento. Mentres, profesionais do HULA denuncian que os peches de camas fan que o novo complexo ofreza menos prazas que o antigo.
O PP veta retirar as subvencións da Xunta aos medios con anuncios de prostitución
Os populares din rexeitar a publicidade de "contactos" na prensa pero tomban unha iniciativa de AGE encamiñada a eliminalos. O PP tentou substituír a suspensión de axudas por unha campaña de "sensibilización" entre "profesionais" dos medios.
Galicia ten 25.000 empregos menos tras catro anos de reforma laboral
Tras catro anos de reforma descendeu o paro pero tamén o emprego e as persoas ocupadas a xornada completa son 37.300 menos e a xornada parcial, 12.800 máis. Os únicos contratos que descenderon entre 2012 e 2015 foron os indefinidos.
Feijóo elude aclarar quen decidiu rebaixarlle impostos a ENCE
O BNG ve demostrado que a pasteira redactou o convenio que lle permite pagar menos taxas portuarias e que a Xunta se limitou a "asinalo". Feijoo eríxese en garante de novos investimentos da pasteira en Galicia.
Dez dimisións abocan a Podemos Galicia a escoller nova dirección
Os deputados de En Marea Antón Gómez-Reino e Ángela Rodríguez, o senador Buitrón e sete persoas máis abandonan a directiva que dirixe Breogán Riobóo e a dirección estatal confirma a apertura dun "proceso electoral interno".
A Xunta nega que un apartamento sexa unha vivenda para xustificar unha operación urbanística
O Goberno galego teima en liquidar un proxecto de vivenda protexida no centro de Santiago malia á oposición do Concello. O orzamento para construír pisos protexidos reduciuse máis dun 90% dende 2009.
A demora de Feijóo para decidir o seu futuro dispara o debate sucesorio no PPdeG
Diversos dirixentes instan o presidente da Xunta a ficar onde está mentres admiten que hai "recambio" se decide marchar. O partido chegará ao seu congreso galego con renovacións en todas as provincias agás en Ourense.
A cifra de doentes a agardar no Sergas sobe a niveis de hai dez anos malia os traspasos á privada
O dato de persoas a agardar por unha operación cirúrxica no peche de 2015 foi o peor nun mes de decembro na última década.
O PP galego disponse a remudar todos os seus baróns provinciais agás Baltar
Feijóo renuncia por segunda vez a tentar desbancar o baltarismo malia á investigación xudicial que afecta o barón ourensán. Negreira, Barreiro e Louzán retíranse nun clima marcado pola incógnita do futuro de Feijóo.
Así sería Lugo pensado para as bicicletas
O Concello lucense prevé comezar a despregar un proxecto que propón despregar 65 quilómetros de "itinerarios ciclistas, non carrís bici", por toda a cidade. O goberno local valora acceder a fondos europeos para inciar a implantación do plan. Comproba con esta ferramenta cal sería o resultado.