As cidades foron claves para que o PP perdese as deputacións da Coruña e Pontevedra
A emerxencia da Marea Atlántica na Coruña e a contundente vitoria de Abel Caballero en Vigo foron os factores determinantes para que os conservadores perdan o mando dos dous entes provinciais.
Cando o PP vía nas impugnacións de votos "aferramento patolóxico ao poder"
A dirección provincial dos populares coruñeses pide un novo reconto de todos os votos nulos e pide que se lle adxudiquen 46 votos na cidade da Coruña, onde a Marea Atlántica é a primeira forza por 5 sufraxios.
O devalo de Feijóo nas municipais reforza a Baltar no PP galego
O barón provincial saca peito cos seus resultados. A provincia de Ourense rexistrou a menor caída dentro do PP, que alí retén a práctica totalidade do seu poder institucional e accede á alcaldía da capital.
Feijóo proclama a súa "lealdade" a Rajoy "dende que me levanto ata que me 'acosto"
O presidente da Xunta advirte de que o seu partido é o que "gañou" as eleccións municipais e desdeña os grupos da oposición que, di, "non escoitaron a mensaxe da xente" o 24M
Ferreiro e Noriega: Os futuros alcaldes da Coruña e Santiago entrevístanse entre si
As súas candidaturas foron dúas das principais preocupacións de Alberto Núñez Feijóo durante a campaña electoral do 24M e as súas vitorias coa Marea Atlántica e Compostela Aberta, o principal retrato da Galicia urbana nestes comicios. Propuxémoslles a Xulio Ferreiro e Martiño Noriega que se entrevisten entre si. Eis o resultado.
Unha de ficción: Así quedaría o Parlamento co resultado das municipais
Vaia por diante que isto é ficción, un xogo matemático e xornalístico cuxo parecido coa realidade, de chegar a darse, sería pura coincidencia. Este sería o novo Parlamento galego cuns resultados electorais idénticos aos do 24-M.
O PP négase a prohibir as touradas en Galicia por ser unha "tradición estatal"
Os populares tomban unha proposta de AGE para eliminar a excepción da lei de protección dos animais que permite a celebración de espectáculos taurinos en territorio galego. "Mal que lles pese, Galicia forma parte do Estado español", di o representante do PP, alcaldable en Noia.
Os votos brancos e nulos descenderon un 40% nas cidades galegas o 24-M
A Coruña reduce practicamente á metade os votos brancos e nulos e ficou nunhas cifras que non rexistraba dende finais dos 90. Santiago recolle o testemuño de Pontevedra como cidade con máis participación.
Compostela Aberta aborda a formación do goberno e Hernández marcha "coa cabeza alta"
Noriega subliña que a "participación" dos membros da plataforma decidirá o xeito en que se formará o vindeiro goberno de Santiago e Hernández asegura que se manterá na oposición durante todo o mandato.
O BNG afianza os seus gobernos e sae das corporacións de Vigo e Ourense
Vence admite "luces importantes e sombras moi escuras" nos resultados do Bloque, cuxa dirección se compromete a "analizar os fallos" para "adoptar os cambios necesarios".
Feijóo só retén a Deputación de Ourense e o PSdeG podería presidir as outras tres
O baltarismo gaña poder interno no seo dos conservadores e os socialistas poderán facer o relevo dende o poder en Lugo. Louzán, desaloxado en Pontevedra, perde a deputación que os populares controlaban dende os tempos de Rajoy.
24-M: Das verbas aos votos
Algo máis de 2,2 millóns de persoas teñen dereito a voto en Galicia neste 24-M, unhas eleccións que, tras o terremoto das europeas de hai un ano, son lidas como moito máis que un preoceso de renovación dos concellos.