A protesta gandeira bloquea as industrias e o grupo de Lugo deslígase da mobilización
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego dá por bloqueadas "o 100%" das factorías lácteas na Coruña e Pontevedra e lamenta que o grupo de Lugo despregue "un discurso teledirixido" para frear a mobilización. Vídeo no interior
A débeda da Xunta volve superar os 10.000 millóns e acada outro máximo histórico
A débeda no segundo trimestre de 2015 acadou os 10.210 millóns, 304 máis que no primeiro trimestre. A Xunta cre que estes datos "ratifican que Galicia é a comunidade de referencia no control do endebedamento"
Canto custa producir un litro de leite galego?
Coa axuda dun enxeñeiro técnico agrícola achegámonos aos custos medios das explotacións gandeiras que, engadidos ao transporte e elaboración, amosan por que non é posible vender leite por baixo de 61 céntimos o litro sen prexudicar os gandeiros.
Unha multitude esixe que acordo lácteo free o "saqueo" das granxas galegas
Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago e Lugo para reclaman un "marco estable de prezos" do leite mentres no Ministerio de Agricultura a industria e a distribución formulan unha proposta de acordo do que os sindicatos galegos recean por falta de "garantías". Audio e galería de imaxes no interior.
Rebelión municipal contra o "taxazo" da Xunta nas escolas infantís
Alcaldes e alcaldesas de PSdeG e BNG alertan de que a Xunta está a "impoñer" unha suba de custos por escolas infantís e servizos sociais e forzando a adhesión á nova Axencia Galega de Servizos Sociais.
Os gandeiros esixen "liderado" a Feijóo ante Ministerio, industria e distribución
O sector lamenta que na xuntanza co presidente abondasen as "boas palabras" pero non os "feitos" e reclaman apoio ante a crucial xuntanza deste xoves en Madrid. As protestas continúan nas rúas de Santiago co bloqueo do centro loxístico de DIA e o reparto de leite de balde. Audio no interior
Feijóo accede a recibir os gandeiros coa tractorada ás portas da Xunta
O goberno galego muda a súa axenda tras adiantarse o cerco dos tractores a San Caetano. Os tractoristas concentrados en Lugo preparan unha manifestación na xornada da crucial xuntanza do sector no Ministerio de Agricultura.
Os gandeiros decláranlle a guerra ao cartón de leite por baixo de 61 céntimos
Os gandeiros entregan 1.600 litros de leite de balde para denunciar os baixos prezos e bloquean un centro loxístico e unha gran superficie comercial. Vídeo no interior
A mobilización gandeira céntrase nas áreas comerciais mentres o Estado tenta minimizala
Segundo día de tractorada en Compostela e sexto en Lugo. A Comisión Europea anuncia un paquete de axudas de 500 millóns pero rexeita intervir nos prezos mentres a Xunta opta por manter un perfil baixo.
Milleiros de tractores toman Compostela contra a "ruína" do sector lácteo
Uns 2.000 vehículos percorren xa a capital galega para esixir "prezos dignos". A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo agarda a chegada de ata 5.000 tractores á mobilización, que continuará ata o xoves.
O curso político que pode cambialo todo (ou non)
Os balóns de osíxeno que o PP recibiu a finais de xuño semellan picar por dous conflitos que veñen de estourar nas rúas de Lugo e Vigo. Os populares fían parte do futuro ás decisións de De Lara sobre Besteiro e á posibilidade de que non se artelle unha alternativa potente á esquerda do PSOE.
O Parlamento galego queda sen debate de política xeral nos anos electorais
O DOG publica este venres a modificación da lei da Xunta e a súa presidencia, reformada por efecto do novo regulamento parlamentario.