O Concello de Lalín retira 600.000 euros de Bankia en protesta polos desafiuzamentos
Cuiña confirma a retirada de fondos da entidade nacionalizada como "primeiro aviso". "Ou negocian a dación en pago e o alugueiro social ou que non conten con cartos públicos", advirte.
O interventor da Coruña certifica que o anterior goberno puxo o Concello ao bordo da insolvencia
Un informe da intervención xeral advirte de que os fondos municipais "poden ser insuficientes" para afrontar en prazo os pagos dos próximos meses. O novo goberno atribúe a situación á "mala xestión de Negreira" e asegura que xa está a "paliala".
Os eurodeputados galegos, entre os máis activos do Estado no primeiro ano de lexislatura
O pasado 1 de xullo cumpriuse o primeiro ano da nova lexislatura europea. O socialista José Blanco é o eurodeputado elixido polo Estado español que máis actividades desenvolveu. Javier Couso e Lidia Senra están tamén por riba da media.
Manuel María, un Día das Letras da xente e mais da fala
A Real Academia Galega elixe a figura de Manuel María para homenaxeala no ano 2016, unha designación que chega tras un ano marcado pola polémica polo affaire Filgueira.
Podemos afástase da marea galega ao situar as súas siglas como innegociables
Pablo Iglesias reúnese con Anova, EU e as mareas e aposta por que estas forzas conflúan nas listas da súa formación.
O novo currículo galego de Bacharelato forza parte do alumnado a estudar relixión
A regulamentación para adaptar o ensino secundario á Lei Wert obriga o estudantado que escolla determinadas materias específicas a seleccionar Relixión católica como única alternativa para completar a carga horaria que establece a norma.
A Xunta lanza un novo "plan estratéxico" da economía tras fracasar nas previsións do anterior
O Goberno galego presenta a segunda edición do seu Plan Estratéxico e defende que o fai sen ningún indicador concreto porque vai depender da participación cidadá. "Consolida o principio básico de rematar coa improvisación na xestión pública", afirma Feijóo.
A Coruña foi a única cidade galega que aumentou a súa débeda no anterior mandato municipal
O Concello coruñés foi o único no que se incrementou o peso do endebedamento por habitante entre 2011 e 2014 e aumentou en 8 millóns as facturas pendentes de pago antes do 24M. Pontevedra mantívose como cidade con menos débeda e Vigo foi a que máis a reduciu.
Un fondo do Goberno de Malaisia controlará a autoestrada Santiago-Dozón
Bankia e FCC véndenlle a un fondo soberano malaio toda a súa participación en Globalvia, a empresa concesionaria da AP-53.
"O máis grave da nova lei de seguridade xa está conseguido: o medo"
Analizamos a 'lei mordaza' coa axuda de Xermán Varela, coordinador de Xuíces para a Democracia en Galicia, e repasamos os dereitos fundamentais que están afectados pola nova regulamentación, en vigor dende este 1 de xullo.
Galicia volve mirar ao ceo no inicio da temporada de incendios
Tras un 2014 cun bo balance de incendios e cunha climatoloxía favorable o persoal que loita contra o lume volve alertar de falta de medios mentres a Xunta asegura que a poboación "pode estar tranquila".
De Lara atribuélle a Baltar contas falsas, suborno e delito electoral no caso da caixa B do PP
A xuíza do caso Pokémon inicia dilixencias contra o ex líder do PP ourensán e envía aos xulgados de Ourense a investigación do presunto financiamento irregular dos populares nesa provincia.