O Estado certifica que o gasto social volve perder peso na Xunta en 2016
Facenda rebaixa de novo vinte puntos o cálculo da porcentaxe de investimentos sociais nos Orzamentos galegos a respecto do publicitado por Feijóo.
A Xunta publicita o seu orzamento de cooperación tras manter o recorte do 65%
O Goberno galego gábase da asignación, rexeitada unanimemente dende as ONGD por estar "nas antípodas do 0,7%" comprometido no Pacto Galego contra a Pobreza
Medio cento de novas para ler o 2015
A audiencia de Praza.gal configurou, sen sabelo, este resumo da actualidade do ano que remata. Unha pausa para coller folgos e imos co 2016. Co voso apoio fica moito por contar.
Pilar Rojo despídese de Galicia cargando contra a separación entre relixión e política
A presidenta do Parlamento exerce como delegada do rei na cerimonia da 'translatio' na Catedral de Santiago que, previsiblemente, foi o seu derradeiro acto antes de deixar o cargo, e pide axuda divina contra o terrorismo e na crise dos refuxiados. Noriega chancea coa posibilidade de que a reprimenda se dirixise a Feijóo, que tampouco asistiu.
A peaxe da AP-53 será a que menos baixe de todo o Estado en 2016
A portaxe da autoestrada entre Santiago e Dozón descenderá un 0,1% no novo ano e a da AP-9 baixará unha media do 0,6% mentres os seus ingresos aumentan por riba do 5%. O impacto nos petos das persoas usuarias non pasará dos cinco céntimos.
Un terzo da mocidade galega vive en risco de pobreza ou exclusión social
O risco de pobreza non deixou de incrementarse entre a poboación galega de entre 16 e 24 anos dende o inicio da crise, período no que experimentou unha baixada sostida entre as persoas maiores de 65 anos e incrementou notablemente entre quen se aproximan á idade de xubilación.
O PPdeG lánzase á precampaña sen candidato ao non desbotar xa un adianto electoral
Os conservadores galegos admiten por primeira vez que "os tempos poden ser outros" no canto de esgotar a lexislatura e mesmo din estar dispostos a gobernar en coalición se fose preciso.
A Xunta destina 70.000 euros a enquisas sobre a súa publicidade durante o ano electoral
O Goberno galego destina 70.000 euros á contratación dunha empresa que realizará inquéritos e informes sobre a súas campañas publicitarias no derradeiro ano da lexislatura, que finaliza novamente sen a prometida lei de publicidade institucional.
En Marea foi primeira ou segunda forza no 75% dos concellos máis mozos de Galicia
A plataforma de Anova, Podemos e Esquerda Unida foi a opción máis votada nunha decena de concellos con idade media inferior aos 45 anos e segunda forza en case unha trintena deles.
Os datos de crecemento volven tombar o argumentario económico da Xunta
O novo balance do INE acredita que no último ano completo só Castilla-La Mancha medrou menos que Galicia. A renda dispoñible nos fogares galegos cae 77 euros e mantense por baixo da media estatal.
A mobilización gandeira logra agora que DÍA e Alcampo paguen dous céntimos máis polo leite
O bloqueo do almacén loxístico e a presión sobre as dúas empresas en Santiago consegue dous novos acordos horas despois de que Feijóo atribuíse ao labor da Xunta o incremento nos prezos que reciben os gandeiros.
O 20-D lanza a precampaña das eleccións galegas, aínda sen candidatos
En Marea e PSdeG coinciden en ler os resultados das xerais como un síntoma de cambio en Galicia mentres os populares galegos tentan desligar ambos procesos e mesmo afastar a súa actuación política da de Mariano Rajoy.