Rajoy será "persoa non grata" en Pontevedra dende o luns pola prórroga de ENCE
O alcalde pontevedrés ratifica o apoio do BNG á proposta de PSdeG e Marea para reprobar simbolicamente o presidente do Goberno en funcións por autorizar a prórroga á permanencia de ENCE na ría de Pontevedra
Lugo sobe ao tren para esixir conexións "dignas"
Unha ducia de colectivos e representantes de todos os partidos agás o PP realizan unha viaxe simbólica entre Lugo e Monforte para evidenciar que a provincia fica "sen servizo de ferrocarril" mentres se suceden os anuncios de alta velocidade cara a Madrid.
Lidia Senra: "O colonialismo non é cousa do pasado, só mudaron as súas formas"
ENTREVISTA A eurodeputada de AGEe participa dende estes venres nas xornadas que a coalición organiza sobre 'A historia de Europa decolonial e da Europa dos pobos sen Estado' xunto a diversos representantes do mundo político e académico
A Xunta non entregou o 60% dos documentos que lle reclamou a oposición durante 2015
O Goberno galego tiña pendentes a final de ano 147 das 251 peticións formuladas, aínda que o Regulamento da Cámara estipula que a documentación ten que ser achegada no prazo máximo dun mes.
ENCE admite que acadar o "cheiro cero" en Pontevedra é "moi difícil"
O director da pasteira defende que "ninguén" se decata da presenza da factoría "agás cando hai unha manifestación", defende que a fábrica non afecta ao marisqueo e equipara as plantacións de eucaliptos con "patacas ou tomates".
A militancia do BNG propón 146 nomes para a nova dirección
A Asemblea Nacional do 28 de febreiro abordará 221 emendas ao relatorio político oficial e tamén chegarán ao plenario o voto particular formulado por Carme Adán e Tereixa Paz e mais o redactado por Alba Nogueira.
Feijóo presume de política social no centro relixioso que di "salvar" mulleres con discapacidade
O presidente da Xunta presenta o financiamento da Congregación de Esclavas de la Virgen Dolorosa como mostra do "compromiso da Xunta coa atención á discapacidade". O Goberno galego financiou este centro cun contrato negociado sen publicidade tras alegar que ningunha outra entidade ofrece os mesmos servizos.
A incerteza da investidura de Sánchez incrementa a presión sobre a decisión de Feijóo
O 3 de maio é a data límite para a elección do novo presidente do Goberno de España nun calendario que se cruza cos prazos congresuais dos populares galegos.
A poboación galega maior de 85 anos xa supera á menor de cinco
Galicia perdeu máis de 12.000 habitantes durante 2015, ano no que por primeira vez os anciáns de maior idade superaron á primeira infancia. Na última década o grupo de idade máis numeroso aumentou dez anos.
As principais obrigas da lei de transparencia de Feijóo entrarán en vigor co próximo goberno
Nos primeiros días de marzo entrará en vigor a nova lei de transparencia, aprobada o pasado decembro polo Parlamento. A dilación na súa posta en marcha e os prazos que inclúe provocan que algúns dos seus principais cambios en materia de acceso á información non teñan que ser asumidos polo actual Executivo
A Xunta asegura que coñeceu a prórroga de ENCE pola prensa
A conselleira de Medio Ambiente réstalle importancia a que o Goberno do PP prorrogase a autorización á pasteira estando en funcións e asegura que "chamará" os responsables da empresa para saber os seus plans, porque "non os coñece".
Así se derruba o antigo hospital de Lugo, co que a Xunta aínda descoñece que facer
Unha comisión municipal visita o recinto do vello hospital lucense e só pode acceder a unha parte por risco de derrubamento. Mentres, profesionais do HULA denuncian que os peches de camas fan que o novo complexo ofreza menos prazas que o antigo.