A censura do PP amplifica o pleno alternativo do BNG no Parlamento
O BNG celebra un acto ao carón do Parlamento para denunciar o recorte de iniciativas e mentres, dende o propio pleno, deputados do PP acúsanos nas redes sociais de "atacar a democracia".
A Xunta deixa a porta formalmente aberta ao cobramento das ambulancias
Sanidade publica o novo decreto de transporte sanitario, que exclúe da súa redacción a referencia explícita a que o financiamento deste servizo é por conta do Servizo Galego de Saúde
O PP xa evita renegar dos pactos nos concellos pero censura os da esquerda
Os populares modulan o seu discurso sobre os gobernos de coalición ante a previsible perda de maiorías absolutas e a posible chegada de Ciudadanos.
Cando Feijóo prometeu buscar "un emprego aos estudantes" dende os concellos
Na precampaña municipal de 2007 o actual presidente da Xunta asegurou que os concellos gobernados polo PP crearían un "servizo especializado" para procurar traballo ao estudantado. Despois das eleccións reclamoulle ao BNG que o axudase a "completar maiorías".
O PP deixa caer o 'número dous' de Negreira a mes e medio das municipais
Julio Flores, imputado na Pokémon, non recuncará na lista dos populares coruñeses ás municipais. A presión sobre o tenente de alcalde da Coruña incrementárase nos últimos meses pola súa presunta implicación na suposta trama corrupta.
Anxo Lugilde recibe o Puro Cora cunha reivindicación do xornalismo honesto
O xornalista Anxo Lugilde recibe o galardón xornalístico pola súa traxectoria profesional e destaca o seu empeño por non caer no "comportamento" dalgúns analistas que "asesoran a políticos e teñen empresas de comunicación". "Non podes analizar e cobrar dos que analizas", di.
Caixa Galicia "manipulou" o mercado bursátil coas accións da inmobiliaria Parquesol
A CNMV imponlle a Abanca unha multa de 80.000 euros por unha "infracción moi grave" da lei do mercado de valores cometida pola antiga Caixa Galicia en 2008
Noriega: "A xente xa percibe Compostela Aberta como unha alternativa real de goberno"
O candidato de CA á alcaldía compostelá expón as súas liñas programáticas e advirte de que "non lle toca ao Concello pedirlle ao Apóstolo que diminúa a corrupción ou o paro". O PSdeG reivindica os seus anos de goberno na cidade para presentarse como principal alternativa ao PP.
Feijóo admite "erros" no financiamento do PP tras negarse a explicalo no Parlamento
O presidente da Xunta di nunha entrevista radiofónica que o seu partido non "fixo" o seu financiamento "de forma correcta" vinte e catro horas despois de tombar a solicitude de comparecencia do PSdeG sobre as contas dos conservadores e a suposta caixa 'B'.
Compostela entra en campaña
Santiago foi unha das cidades nas que tardou máis en arrincar e visibilizarse a carreira cara ás eleccións que se celebrarán en menos de 50 días. No entanto, a precampaña semella definitivamente lanzada tras o retorno da pausa da Semana Santa.
As cifras derruban a falacia da abundancia de "denuncias falsas" por violencia machista
As causa por denuncia falsa son o 0,018% do total de procesos por agresións de xénero no Estado. Os números son "suficientemente elocuentes para rebater as voces que se alzan en torno á prevalencia das denuncias falsas", di a Fiscalía.
Feijóo incumpre o seu propio prazo para aprobar o recortado plan anticorrupción
Goberno e PP non presentaron en cincuenta días todas as súas medidas "de impulso democrático", como prometeran, e asumen que non poden aplicar algunha das súas promesas estrela, como a prohibición das doazóns de empresas a partidos políticos.