O día que os líderes galegos debateron na TVG por unhas eleccións xerais
O 27 de febreiro de 2008 Touriño, Quintana e Feijóo debateron nun encontro que a canle pública publicitou como un gran acontecemento e que se celebrou entre acusacións de "censura" por parte do PP. A TVG programou o seu debate previo ao 20-D para este mércores pola tarde. Vídeo no interior
NÓS preséntase como "única garantía" de "compromiso de esquerda con Galiza presente"
ENTREVISTAS ELECTORAIS A candidatura impulsada polo BNG e outras forzas soberanistas lánzase ao 20-D afirmando que é a única vía para que Galicia "estea" no novo contexto político do Estado. Falamos con Carlos Callón, Carme Adán, Noa Presas e Olalla Rodil.
A Xunta contrata un cento de valos publicitarios ao mes para o ano electoral de 2016
O Goberno galego destina 300.000 euros para difundir a súa actividade a través de espazos publicitarios nas rúas durante o vindeiro ano. As empresas interesadas terán máis posibilidades de obter o contrato se ofrecen máis soportes nas rúas da Coruña e Vigo.
A campaña das xerais anubra o ceo do PP para as eleccións galegas
A entrada dun cuarto partido nas provincias atlánticas e dun terceiro no interior que prognostica o inquérito augura unha importante caída do PP que podería abrir o debate da sucesión de Feijóo tras o 20-D ante a posibilidade de perder a Xunta.
E se o 'café para todos' non chegase a ser servido?
A organización territorial do Estado concibida na Constitución de 1978 abría a porta a unha certa asimetría que foi anulada pola vía dos feitos. O texto constitucional fai 37 anos entre chamadas á mantelo intacta, a reformalo profundamente ou a superalo totalmente.
O PP recicla o anuncio do AVE a Lugo seis anos despois de prometer facelo "con cartos da Xunta"
O 10 de xaneiro de 2009 Feijóo anunciou que a Xunta financiaría a liña de AVE Ourense-Lugo, agora afirma que Rajoy a garantirá na vindeira lexislatura estatal. Besteiro esíxelle "decencia" e censura que prometa "facer o que non fixo en catro anos".
O pleno de Ourense pide a dimisión de Baltar, que di ter "ducias" de apoios doutros partidos
A minoría do PP no Concello ourensán permite sacar adiante a reprobación formulada por toda a oposición mentres o barón popular se gaba de ter recibido desculpas de membros de PSdeG e BNG cuxos nomes non revela.
Carteiros rurais de Ourense denuncian "presións de caciques" na recollida do voto por correo
Persoal de Correos representado pola CIG asegura que a instrución interna que permite a recollida do sufraxio postal "en marcha", nos propios domicilios, abre a porta a irregularidades, "acosos" e votos de persoas "incapacitadas".
En campaña: Manual de instrucións para o 20-D en Galicia
Dende as cero horas deste 4 de decembro estamos en campaña electoral. En Galicia están en xogo 23 escanos no Congreso que elixirá o futuro presidente ou presidenta do Goberno de España. Velaquí unha guía para seguir a carreira electoral.
A Xunta entra en campaña publicitando o cheque bebé
O Goberno galego emprega o Consello da Xunta, no que non aprobou ningunha medida ao respecto, para publicitar a denominada Tarxeta Familiar, que entrará en vigor o 1 de xaneiro.
O CIS prevé que o PPdeG perda 5 escanos e a entrada no Congreso de En Marea e Ciudadanos
O estudo preelectoral do CIS augura que o PP sería a forza máis votada co 28% de apoios, uns 16 puntos menos. En Marea emerxería con ata 6 escanos e Ciudadanos tería representación pola Coruña e Pontevedra.
Por que a mocidade galega pesa pouco nos cálculos electorais dos partidos, en tres gráficos
O 20-D 82.500 persoas poden votar por primeira vez en Galicia nunhas xerais, no 2000 incorporáronse case o duplo por cumprir 18 anos. A comezos de século as persoas de 18 a 34 eran o grupo de electorado máis numeroso en Galicia e agora son o menor.