O devalo de Feijóo nas municipais reforza a Baltar no PP galego
O barón provincial saca peito cos seus resultados. A provincia de Ourense rexistrou a menor caída dentro do PP, que alí retén a práctica totalidade do seu poder institucional e accede á alcaldía da capital.
Feijóo proclama a súa "lealdade" a Rajoy "dende que me levanto ata que me 'acosto"
O presidente da Xunta advirte de que o seu partido é o que "gañou" as eleccións municipais e desdeña os grupos da oposición que, di, "non escoitaron a mensaxe da xente" o 24M
Ferreiro e Noriega: Os futuros alcaldes da Coruña e Santiago entrevístanse entre si
As súas candidaturas foron dúas das principais preocupacións de Alberto Núñez Feijóo durante a campaña electoral do 24M e as súas vitorias coa Marea Atlántica e Compostela Aberta, o principal retrato da Galicia urbana nestes comicios. Propuxémoslles a Xulio Ferreiro e Martiño Noriega que se entrevisten entre si. Eis o resultado.
Unha de ficción: Así quedaría o Parlamento co resultado das municipais
Vaia por diante que isto é ficción, un xogo matemático e xornalístico cuxo parecido coa realidade, de chegar a darse, sería pura coincidencia. Este sería o novo Parlamento galego cuns resultados electorais idénticos aos do 24-M.
O PP négase a prohibir as touradas en Galicia por ser unha "tradición estatal"
Os populares tomban unha proposta de AGE para eliminar a excepción da lei de protección dos animais que permite a celebración de espectáculos taurinos en territorio galego. "Mal que lles pese, Galicia forma parte do Estado español", di o representante do PP, alcaldable en Noia.
Os votos brancos e nulos descenderon un 40% nas cidades galegas o 24-M
A Coruña reduce practicamente á metade os votos brancos e nulos e ficou nunhas cifras que non rexistraba dende finais dos 90. Santiago recolle o testemuño de Pontevedra como cidade con máis participación.
Compostela Aberta aborda a formación do goberno e Hernández marcha "coa cabeza alta"
Noriega subliña que a "participación" dos membros da plataforma decidirá o xeito en que se formará o vindeiro goberno de Santiago e Hernández asegura que se manterá na oposición durante todo o mandato.
O BNG afianza os seus gobernos e sae das corporacións de Vigo e Ourense
Vence admite "luces importantes e sombras moi escuras" nos resultados do Bloque, cuxa dirección se compromete a "analizar os fallos" para "adoptar os cambios necesarios".
Feijóo só retén a Deputación de Ourense e o PSdeG podería presidir as outras tres
O baltarismo gaña poder interno no seo dos conservadores e os socialistas poderán facer o relevo dende o poder en Lugo. Louzán, desaloxado en Pontevedra, perde a deputación que os populares controlaban dende os tempos de Rajoy.
24-M: Das verbas aos votos
Algo máis de 2,2 millóns de persoas teñen dereito a voto en Galicia neste 24-M, unhas eleccións que, tras o terremoto das europeas de hai un ano, son lidas como moito máis que un preoceso de renovación dos concellos.
Fin de festa antes das municipais das incógnitas
As forzas políticas apuran o prazo legal para pedir o voto tras unha intensa campaña e antes dunhas eleccións que traen consigo un panorama aberto un segundo capítulo da incerteza inaugurada coas eleccións europeas de hai un ano.
O Goberno central multiplica en campaña os anuncios de investimentos en Galicia
Ministerios como Fomento, Agricultura ou Emprego lanzan diversas promesas para Galicia en período electoral. Ana Pastor combina os actos de partido cos anuncios de obras e a recuperación de promesas xa clásicas, como o AVE a Lugo.