A fenda de crecemento económico entre Galicia e España é a maior dende o inicio da crise
A economía galega medra un 1,8% a respecto de 2014, mentres que o crecemento do PIB español supera o 3%. A Xunta prevé que o país remate 2015 medrando o 2,6%.
A derradeira foto de Rajoy e Feijóo en Soutomaior?
O PP celebra o vindeiro domingo o seu tradicional mitin tras obter os peores resultados da súa historia municipal en Galicia. Nas súas visitas estivais por Galicia Rajoy deixou un recado a respecto do futuro de Feijóo ao afirmar que é "o mellor candidato" para a Xunta.
Vilas sen vacas, vilas sen xente
Na zona centro do país os concellos que perden máis poboación coinciden cos que reduciron máis o número de vacas. Mapa interactivo no interior
As explotacións galegas perderon a cuarta parte das súas vacas en dez anos
Entre 2002 e 2012 Galicia pasou de ter case medio millón de vacas a contar con pouco máis de 300.000. No mesmo período o número de explotacións produtoras de leitre minguou case un 50%. Mapa interactivo no interior
O PP equipara os grupos antiabortistas con Cáritas
A deputada Paula Prado, que como edil lle cedeu un piso municipal á Red Madre, carga contra o goberno local de Santiago por retirarlles as axudas a colectivos opostos ao dereito ao aborto.
O estraño caso da menor de 25 cun contrato indefinido
Só unha de cada catro persoas asalariadas menores de 25 anos ten un contrato indefinido en Galicia. A mocidade ocupada no país reduciuse un 40% nos últimos cinco anos.
Unha fin de semana para a unidade?
O Encontro Cidadán por unha Marea Galega e o Banquete de Conxo 2.0 preséntanse este sábado e domingo como escenarios e posibles puntos de inflexión para a conformación dunha candidatura galega unitaria cara ás eleccións xerais.
Máis de 100.000 persoas traballan a tempo parcial en Galicia por non ter alternativa
O número de persoas que traballa a xornada parcial por non atopar emprego a tempo completo duplicouse dende 2009. As mulleres seguen sendo quen, maioritariamente, se ven obrigadas a reducir a súa xornada para encargárense dos coidados e obrigas familiares.
Piden investigar a empresa dunha excargo do PP polas deficiencias no novo hospital de Vigo
Nas primeiras semanas de funcionamento do hospital producíronse pingueiras e inundacións e caeu parte dun teito. O PSdeG suxire a creación dunha comisión de investigación e a CIG-Saúde presenta unha nova denuncia ante a Inspección de Traballo.
Medio Rural alimenta o incendio do leite: "Póñenme unha pistola no peito"
Rosa Quintana reúnese con gandeiros de Curtis en calidade de membro do PP e acusa as organizacións agrarias de "mentirlle á xente" ao esixiren o establecemento de prezos mínimos para o leite.
Multiplícanse os contactos á procura dunha candidatura galega para as xerais
Formacións como Anova, BNG, Podemos, EU ou CxG manteñen múltiplas reunións mentres se preparan as xuntanzas organizadas para a fin de semana dende o Encontro Cidadán por unha Marea Galega e Pola Unidade.
O Concello de Santiago retira as axudas a grupos antiabortistas
O novo goberno "desbloquea" os convenios con entidades sociais cuxa tramitación estaba "paralizada" e decide non asinar os que ían implicar financiamento municipal para a Red Madre e a asociación Centinelas.