Lugo: Do primeiro cambio político "dende os romanos" ao conflito do hospital
RETRATOS DE CIDADE Catro anos despois de estar a piques de ser desbancado da Alcaldía o PSdeG colle folgos na cidade da Muralla apelando á súa xestión e grazas á erosión sufrida polo PP por mor do incumprimento das promesas de Feijóo para o HULA.
A apelación de Feijóo aos gobernos "estables" suscita a hilaridade no resto de forzas
PSdeG, Compostela Aberta e BNG lembran os tres alcaldes de Santiago do último mandato para lamentar que o líder conservador identifique o seu partido coa estabilidade nos concellos.
O Valedor investiga irregularidades na venda de uniformes en colexios concertados
O alto comisionado apóiase nun informe de Competencia para advertir de que centros sostidos con fondos públicos incorren en prácticas comerciais "abusivas" que mesmo poden ir contra o "principio de gratuidade da educación".
A Xunta Electoral apercibe a Hernández por "electoralismo" na web do Concello de Santiago
A autoridade electoral atende unha denuncia de Compostela Aberta ao considerar que o goberno local difundiu unha nova na súa web "con connotacións electoralistas"
Cando o contrato de traballo só dura un día
A EPA rexistra 3.500 persoas contratadas en Galicia por un só día, un 133% máis que hai cinco anos. As persoas contratadas por unha xoranda xa son máis que as que teñen contrato por entre 2 e 3 anos.
Feijóo comeza a campaña das municipais de 2007
Nas súas primeiras municipais Feijóo pedía o aval para os seus candidatos fronte á "suma de dous partidos perdedores" e dun Zapatero "gafe e presidente por accidente". Neste 2015 comeza a campaña alertando de que non votarlle ao PP suporá "repetir cada día a política de Zapatero"
Galicia pon rumbo cara aos novos concellos
Dende as cero horas do venres as forzas políticas xa piden o voto no inicio dunha campaña no que a crise, a corrupción e a emerxencia de novas formacións son o pano de fondo. Galería de imaxes do inicio da campaña no interior.
O CIS abre a porta a un goberno de esquerdas en Santiago
O inquérito preelectoral do Centro de Investigación Sociolóxicas augura que o PP non lograría a maioría absoluta nin pactando con Ciudadanos, que entraría na corporación con 2 edís. Compostela Aberta emerxería con 5 actas, só unha menos que o PSdeG.
O PP recupera a defensa da piscifactoría ilegal de Pescanova en Touriñán
Os populares teiman en que a piscifactoría no espazo protexido, cuxa irregularidade acreditaron o TSXG e o Supremo, ía ser xeradora de "riqueza" e "emprego", aínda que a súa substituta en Portugal está próxima á quebra.
Feijóo volve axitar o medo ao comunismo ás portas da campaña
O presidente da Xunta responde unha pregunta de AGE sobre os datos do paro instando a coalición a aclarar se prefire "o plan quinquenal das economías comunistas ou a misión bolivariana das economías caribeñas"
"Feijóo coida moito a súa imaxe e non permite que nada a rompa, pero non aguanta unha entrevista"
ENTREVISTA O xornalista Fernando González, Gonzo, publica un retranqueiro ensaio político tras anos como reporteiro. Falamos con el de xornalismo, de política e de compromiso cidadán.
O PSdeG de Lugo insta o candidato do PP a aclarar se a súa casa no Corgo ten licenza
Os socialistas lucenses reclaman que Jaime Castiñeira "amose" a autorización para construír unha casa na urbanización Santa Mariña, legalizada en 2014. O candidato popular esgrime a "legalidade" e atribúe a petición á "desesperación" do PSOE.