Feijóo encoméndase ao voto do medo
O presidente da Xunta encara a derradeira semana de campaña proclamando que só o PP pode "garantir concellos libres de imposicións e extremismos". Hernández asegura que, se el non goberna Santiago, farano "os admiradores das políticas bolivarianas"
"A esquerda xestiona mellor que o PP porque o facemos ben e porque cremos no público"
ENTREVISTA José Ramón Gómez Besteiro presenta o PSdeG como a forza con máis "capacidade para xerar consenso" nos futuros gobernos municipais e advirte do esgotamento dun Feijóo que "non se sente presidente de Galicia, abúrreo, nin sente nin padece"
As últimas enquisas da campaña deixan a Feijóo cunha soa maioría absoluta nas cidades
Os inquéritos difundidos esta fin de semana indican que o PP podería manter a alcaldía de Ferrol e que a Marea Atlántica e Compostela Aberta terían a posibilidade de encabezaren gobernos alternativos na Coruña e Santiago.
En galego cara aos novos concellos
A proximidade das eleccións municipais marca os actos do Día das Letras, no que Queremos Galego volveu saír á rúa. Feijóo nega o "conflito lingüístico" que el mesmo proclamou e o resto de forzas políticas instan a un cambio na política lingüística. Galería de imaxes no interior.
O PP, denunciado por "carrexar" anciáns con demencia para votar por correo en Riotorto
O alcalde da vila, Federico Gutiérrez (BNG), asegura que varias "testemuñas" acreditan que "candidatos do PP andan movendo persoas" con "demencia" para que soliciten o voto postal nas eleccións do 24-M. Feijóo ofrece este sábado un mitin na vila.
Lores reivindica o modelo de Pontevedra fronte aos "tristes" e Rajoy dille que non está "á altura"
O BNG e o PP celebran ao mesmo tempo os seus mitins centrais na cidade pontevedresa. Vence sinala que "o que se fai en Pontevedra é a guía" para o Bloque e Feijóo censura que o Concello pontevedrés recolla un premio en Nova York se o BNG é "anticapitalista"
Nin unha campaña sen (promesa de) carga de traballo para o naval
Navantia anuncia en plena campaña un acordo para construír buques en Ferrol e Cádiz que non se concretará ata despois das eleccións. O comité de empresa e a oposición política censuran o electoralismo tras o enésimo anuncio para o sector nunha carreira electoral.
O Concello coruñés retomou a un mes das eleccións un contrato de 3 millóns que recorreu Véndex
O Instituto Municipal Coruña Espectáculos convoca de novo a licitación da contratación dos seus servizos complementarios, que nos últimos anos veu xestionando a empresa investigada no caso Pokémon. O prazo de presentación de ofertas finaliza o día antes da constitución da nova corporación.
Santiago: Á procura da serenidade perdida
RETRATOS DE CIDADE Tras un convulso mandato con tres alcaldes do PP en menos de catro anos a vida local da capital galega aspira a retornar á súa tradicional tranquilidade. A emerxencia de Compostela Aberta, principal novidade da carreira electoral.
Audasa prevé ingresar 9.500 millóns por peaxes ata o remate da concesión da AP-9
A concesionaria da Autoestrada do Atlántico sustenta as súas proxeccións en sucesivas subas de tarifas. A empresa prevé a instalación de novas máquinas de cobramento automático aínda que só son utilizadas polo 19% dos vehículos.
Feijóo axita o medo a Venezuela na vila na que o PP é investigado por carretaxe
O presidente apoia o candidato do PP en Amoeiro, onde a Xunta Electoral expedientou o seu partido pola presunta "manipulación" do voto a anciáns, denunciada polo PSOE. O alcaldable atribúe a denuncia a unha "trama que non existe".
"O PP de Santiago estivo tan ocupado coa corrupción que non atendeu nin o día a día"
ENTREVISTA Martiño Noriega, candidato á alcaldía de Santiago por Compostela Aberta, agarda "chegar a tempo" para reverter "as desfeitas do PP", non descarta gobernos en minoría e advirte de que a primeira tarefa na cidade terá que ser "normalizar" a vida municipal.