Unha funcionaria da Coruña denuncia a "manipulación" dun ordenador investigado na Pokémon
A xuíza De Lara investiga se o goberno coruñés prevaricou ao destituír do seu posto unha traballadora municipal investigada na presunta trama corrupta. A funcionaria emitiu informes a respecto do servizo da ORA en 2005
A defensa do público marca o primeiro debate electoral en Santiago, con Hernández ausente
Os alcaldables de PSdeG, BNG, Compostela Aberta, Compromiso e Ciudadanos acuden ao encontro convocado polo persoal do Concello compostelán, ao que o alcalde e aspirante do PP non foi por consideralo "un postureo político".
"A cidadanía debe escarmentar o PP nas municipais e sentar as bases para derrotalo en 2016"
ENTREVISTA O portavoz nacional do BNG observa o 24-M como o primeiro chanzo dunha carreira de fondo que o Bloque afronta cun "esforzo de posta ao día". Xavier Vence augura bos resultados para a formación onde xa goberna e amósase partidario de "construír alternativas" ao PP "onde sexa posible".
O Manneken Pis, peregrino durante sete horas (e non durante un mes)
A Xunta difunde que a popular estatua belga estará vestida de peregrino "ata finais de mes", pero realmente estívoo só o día 2 de 11 da mañá a seis da tarde
Pachi Vázquez dimite para non "agocharse no Parlamento" da investigación por prevaricación
O ex secretario xeral dos socialistas abandona o seu escano na Cámara antes de, con toda probabilidade, ser xulgado por un presunto delito de prevaricación continuada na súa etapa como alcalde do Carballiño. Vázquez reitera a súa "tranquilidade" e sinala que se defenderá "como un cidadán máis".
A Galicia urbana destruíu unha cuarta parte do seu emprego xuvenil dende 2011
As sete cidades galegas perderon máis de 12.000 cotizantes á Seguridade Social menores de 30 anos no último cuatrienio. O peor comportamento foi o da Coruña, Santiago e Ferrol.
A mentira cotiá: dos 45 días de Feijóo aos 30 anos de Beiras
O presidente da Xunta reitera que o líder de AGE leva varias décadas "cobrando a nómina" como deputado, aínda que é tan incerto como que el prometese acabar co paro en 45 días tras gañar as eleccións de 2009.
Interior prohibe que deputadas do PSdeG visiten cárceres galegos
Institucións Penitenciarias veta a visita das socialistas Carmen Acuña e Patricia Vilán ás prisións de Teixeiro e A Lama. As parlamentarias sospeitan que o Ministerio tenta "ocultar" a situación destes recintos e da poboación reclusa.
A AP-9 xa remonta a recadación por peaxes mentres reduce o persoal a un mínimo histórico
A AP-9 ingresou 127,8 millóns de euros por peaxes en 2014, un 2% máis que no ano anterior, mentre o tráfico subiu só un 0,4% e seguiu prescindindo de persoal e instalando peaxes automáticas.
Nicolás Maduro na precampaña municipal galega
O PP utiliza a figura da proposición non de lei, encamiñada a instar a Xunta a tomar medidas, para instar o Goberno de Venezuela a cumprir a súa constitución.
Feijóo ve "ambigüidade e demagoxia" no traslado de ENCE, que prometeu en 2009 e 2012
O presidente da Xunta reclama, nunha resposta ao BNG, que "non empecemos a enganar a xente outra vez" porque "a alternativa non é o traslado", senón o peche, e censura que o Concello pontevedrés recolla premios en Dubai e Nova York.
Hernández contra a primavera
As entidades organizadoras da Feira da Primavera, no barrio compostelán de San Pedro, denuncian que a negativa do Concello de Santiago a proporcionar os enganches eléctricos que lles facilitou durante anos pon en risco a continuidade deste e doutros eventos autoxestionados.