Crespo volve advertir: "Persoas moi importantes do PP están moi tocadas, teño probas"
O presunto líder da trama Zeta asegura que Pachi Lucas recibiu "todas as bendicións" de Feijóo para "traballar" con el e ameaza con revelar datos incriminatorios contra o presidente da Xunta, Romay Beccaría, Negreira e Beatriz Mato.
"A confluencia política dáse na rúa, se é así os dispositivos electorais nacen automaticamente"
ENTREVISTA David Fernández, cabeza visible da CUP catalá, comparte actos en Galicia coa Marea Atlántica e Anova e pon o acento en que a crise é "tamén das esquerdas que se comportaron como dereitas". Fernandez reivindícase como "independentista e de esquerdas" porque "cómpre recuperar as palabras, que é o primeiro que nos rouban", e advirte de que o proceso soberanista en Catalunya non é para "baixar unha bandeira e erguer outra".
A Xunta anuncia unha axuda para a luz equivalente a un recibo e medio ao ano
Dous días despois de vetar unha lei para impedir os cortes de enerxía a quen non poida pagala Feijóo anuncia unha suba no subsidio do "tícket enerxético". O prezo medio por recibo achégouse aos 150 euros en decembro.
"En Gaza hai nenos que non poden falar dende a última ofensiva israelí"
ENTREVISTA Raquel Martí, directora do comité español da axencia da ONU para as persoas refuxiadas en Palestina, visita Galicia para poñer o foco na grave crise humanitaria que padece a poboación de Gaza, onde "é difícil falar de dereitos humanos mentres haxa unha ocupación militar" de Israel.
Pleno de problemas coa Xustiza no primeiro goberno do PP en Santiago
A concelleira de Turismo de Santiago, imputada por un presunto delito de tráfico de influencias por mor dunha mensaxe na que lle pedía ao edil de Tráfico se podía "facer algo" cunha multa que lle viñan de impoñer. Feijóo esfórzase en desligar a Hernández dos conflitos xudiciais do consistorio.
'Men in black' no Pazo do Hórreo
Dende hai tempo, a Presidencia do Parlamento retira do Diario de Sesións as expresións da oposición que considera inconvenientes. A consecuencia práctica é un cercenamento dun anaquiño da historia política do país.
300.000 euros para Enrique Iglesias... Por que non 600.000 para Terbutalina?
O grupo Terbutalina remítelle un retranqueiro correo á Xunta no que exploran a posibilidade de recibir unha "axuda" para as súas composicións. "Contemplamos a nova como unha oportunidade", aseguran.
Feijóo atribúe ao bipartito os atrasos da dependencia no sexto aniversario do seu 'Contrato'
O presidente da Xunta admite "falta de capacidade orzamentaria" para atender a todas as persoas dependentes pero achácaa á xestión de PSdeG e BNG na Xunta. Os socialistas ínstano a "responder do seu": "dicir que a culpa é dun Goberno de hai seis anos é faltar á intelixencia", di Romeu.
Feijóo gábase da súa política lingüística e de inverter o declive do galego
O presidente da Xunta presume de datos do IGE e considera que "se incrementa o cambio de tendencia en favor da lingua propia" ao tempo que adianta que activará desde a SXPL un plan para "dinamizar" o idioma en coordinación coa RAG e outras entidades.
A xuíza ve "referendada" facturación irregular no PP de Ourense
A investigación do caso Pokémon ve confirmadas acusacións do ex xerente dos populares ourensáns e a maxistrada atopa facturas que, cre, sustenta o "sistema" artellado para ocultar gastos electorais por riba do "límite legal". De Lara emite un auto no que reclama novos datos de facturación a nome de dirixentes populares.
Galicia recupera o tesouro prerromano de Álvaro Gil
A Deputación de Lugo e a familia do histórico mecenas galeguista asinan o acordo para o retorno ao Museo Provincial lucense da colección de 40 pezas de ourivaría entre as que se atopan o torques de Burela ou o carneiro alado de Ribadeo. Galería das pezas e audio no interior
A Xunta non impedirá os cortes de luz á poboación galega que non poida pagala
Os conservadores vetan a proposta do BNG que, apoiada por toda a oposición, pretendía que a Xunta garantise o subministro de luz e gas ás persoas sen recursos para sufragalo. O PP impide a tramitación da norma pero manifesta a súa "solidariedade" con quen sofre "esta lacra".