A terceira dimisión en Santiago, por "solidariedade" cos edís xulgados
Adrián Varela, imputado na Pokémon, abandona a Concellaría de Deportes da capital galega antes de coñecer a sentenza xudicial dos seus compañeiros, acusados de prevaricar por aprobar pagarlle o avogado sen axustarse á legalidade, segundo a Fiscalía.
O PP galego tivo nas europeas o menor apoio en vinte e cinco anos
Os pouco máis de 350.000 votos colleitados polos conservadores o 25-M achéganse ao seu chan electoral no país, onde non baixaran do medio millón dende a súa fundación en 1989. PSdeG e BNG acumulan caídas reiteradas dende as municipais de 2011
A participación en Galicia baixa punto e medio ás seis da tarde
- Ás 18 horas votara no país un 33,79% do censo, dato inferior ao 35,31% de hai cinco anos. A participación sobe lixeiramente no conxunto do Estado grazas á masiva mobilización en Cataluña.
- Uns 2,7 millóns de persoas están chamadas en Galicia a participar nas eleccións sobre as que paira a sombra dunha elevada abstención.
- Os comicios do 25-M non só configurarán a vindeira Eurocámara, senón que tamén condicionarán a Presidencia da Comisión.
- Contra as 23:00 da noite coñeceranse os resultados dos comicios, que hoxe se celebran en 21 estados da Unión.
- Os comicios son o primeiro test dun longo ciclo electoral que continuará nas municipais de 2015.
A axuda da Xunta para a luz chegará ao 6% de familias con problemas para pagala
O "tícket enerxético" anunciado por Feijóo no derradeiro día de campaña apenas cobre dous meses de gasto medio en electricidade dos fogares galegos que ingresan menos de 1.000 euros mensuais.
Reflexión contra a abstención
As principais candidaturas pechan na Coruña, Santiago, Ourense e Vigo a fría campaña das europeas, salferida de polémicas, con chamadas ao voto e un ollo posto na augurada baixa participación.
Feijóo 'reparte' a Pokémon para despedir a campaña
O presidente da Xunta equipara a situación de Paula Prado con Besteiro e co BNG, que vén de acreditar que o ingreso de 6.000 euros atribuído a Véndex por Vixilancia Aduaneira foi realizado realmente pola propia organización política.
A investigación da Pokémon pediu imputar a Negreira por 'enchufes'
Vixilancia Aduaneira cre que o xefe de Véndex intercambiaba "recomendacións" por concesión de servizos públicos no Concello da Coruña co anterior e co actual goberno municipal. O alcalde coruñés asegura que as acusacións contra el son "absolutamente falsas".
O PP cesou as críticas sobre a ORA en Lugo tras reunirse cun presunto líder da Pokémon
Axentes de Vixilancia Aduaneira vixilaron unha xuntanza entre o delegado de Véndex en Galicia e José Manuel Barreiro na sede dos populares en Lugo.
Aduanas ve a Prado "sabedora" de que lle pasou ao Concello unha factura "inchada"
A xuíza Pilar de Lara considera que as condutas da voceira do PPdeG na súa etapa como edil "poderían ser constitutivas de infracción penal". O PP suspende un acto electoral no que participaba sen comunicalo previamente e despois atribúeo a un "erro".
"É compatible ser nacionalista e sumar forzas coa esquerda que quere unha nova UE"
Lidia Senra denuncia un "intento de apagar a campaña" por parte do "bipartidismo" para "manterse no poder" e defende que nas eleccións europeas "non é a hora de dividir, senón de sumar". A candidata de AGEe subliña a aposta por iniciativas como a renda básica universal e reitera que "Cañete non pode estar onde se elaboran políticas para erradicar a violencia machista".
O BNG leva ao Supremo a súa exclusión da RTVG: "É a pinga que reborda o vaso"
O Bloque mobilízase despois de que a Xunta Electoral Central atendese a reclamación de UPyD e lle retirase os 27 segundos que tiñan en cada espazo electoral nos informativos da TVG e da Radio Galega. Miranda ve neste "peche informativo" unha "volta ao franquismo". Audio no interior.
O PPdeG promete nas europeas "liderar" o reforzo escolar tras recortalo un 30%
Os conservadores aseguran no seu programa para as europeas que van "traballar para liderar programas de reforzo en materias como lingua e matemáticas". A Xunta aplicoulles a estes plans o recorte medio do conxunto dos Orzamentos.