Martiño Noriega preséntase para ser candidato de Compostela Aberta á alcaldía de Santiago
O coportavoz nacional de Anova e ata agora rexedor de Teo aposta por liderar a lista da plataforma compostelá ás municipais de maio. Branca Novoneyra, Xan Duro ou Manuel Dios, entre as persoas candidatas á lista.
Feijóo contradí os datos oficiais para unirse á euforia económica de Rajoy
O presidente da Xunta secunda o seu xefe de filas e asevera que "España é o país que máis medrou en 2014 de toda a UE" aínda que Eurostat acredita que nove economías da Unión medraron máis. Os crecemento galego do pasado ano sitúase nos últimos postos da Europa comunitaria.
Feijóo elude responder polo fiasco da autorización irregular a Pescanova en Touriñán
O presidente da Xunta saca peito pola venda das antigas caixas despois de que Banesco xa gañe máis do investido e gábase dos datos de crecemento económico malia botar por terra as previsións do seu Goberno.
Feijóo endurece a precampaña no bosque de Hernández
O presidente da Xunta planta un bidueiro no Gaiás a poucas semanas de que os actos de autobombo fiquen prohibidos e suxire que os seus predecesores no cargo malversaban cartos públicos nas viaxes de partido
A factura dos edís non electos de Santiago: 11.000 euros en insignias e medallas
O concello compostelán aprobou o pagamento de 10 insignias e outros tantos medallóns protocolarios unha semana despois da toma de posesión das concelleiras e concelleiros non electos. Fontes municipais indican que a práctica habitual no consistorio veu sendo a devolución das medallas.
A CRTVG culpa o Parlamento do incumprimento da súa lei, vixente dende 2011
A nova lei dos medios públicos, aprobada en 2011, incúmprese dende seis meses despois da súa entrada en vigor. A dirección da CRTVG asegura estar "ao que determine o Parlamento" e a oposición ve no texto un "monumento ao engano" de Feijóo.
O PP reivindícase como "o máis demócrata" por acatar resultados de votacións en pleno
Feijóo enxalza o carácter "democrático" do seu partido en Lugo e Andalucía por permitir que gobernasen as persoas elixidas pola maioría de membros da corporación municipal e do pleno autonómico.
"O apoio á independencia de Escocia está a medrar cada día"
ENTREVISTA Guillian Martin, líder do colectivo escocés Women for Independence, visita Galicia para compartir con Anova actos sobre o papel do feminismo nos movementos polo dereito a decidir. Martin explica por que consideraron necesario xerar espazos específicos para implicar as mulleres na reivindicación independentista e augura que Escocia terá unha segunda oportunidade para votar na que o "si" será a opción "obvia".
"Souben que a miña filla era unha nena aínda que tivese xenitais masculinos"
ENTREVISTA Cristina Palacios é a primeira presidenta en Galicia de Chrysallis, a asociación de familias de menores transexuais que pula pola "visibilización, normalización e despatoloxización" da transexualidade na infancia. A elaboración de protocolos en educación e sanidade e a aprobación dunha lei galega específica son os seus primeiros retos.
A patronal carga contra o galego tras cobrar un millón de Normalización Lingüística
A Confederación de Empresarios de Galicia esixe que o uso do galego non conte na obtención de axudas para cursos de formación, pero mantivo un Servizo de Normalización Lingüística mentres a Xunta llo financiou.
Mosquera acrecenta o lastre de Sanidade co seu enésimo conflito
A conselleira de Sanidade desbota deixar o cargo tras a dimisión de sete membros da Comisión de Bioética que denuncian a censura dun informe sobre desigualdades sanitarias. Mosquera fixo o propio ante outros conflitos como o do Hospital de Lugo ou a sentenza sobre o ascenso fraudulento do seu marido.
"Caixa Rural Galega foi prudente, nunca nos metemos en leas das que non puidésemos saír"
ENTREVISTA Jesús Méndez, director xeral de Caixa Rural Galega, debulla as razóns polas que a entidade lucense non só sobreviviu, senón que medrou de forma "sostible" en plena crise mentres o resto do sector financeiro galego se esfarelaba. Dende a aposta por negocios "menos rendibles, pero máis seguros" amósase "satisfeito de non ter xerado ningún escándalo. "Non as fagas, non as temas", resalta.