O PP foxe cara a adiante no conflito sanitario de Lugo
José Manuel Barreiro considera un "atentado á intelixencia" reducir a apertura do servizo de hemodinámica as 24 horas a unha "cuestión económica" despois de que a Deputación ofrecese financiamento para facelo. Xavier Vence súmase á 'ruta do cancro' e insta a Feijóo a facela. Audio no interior
Cinco 'homes de prol' para unha crise en Galicia
A crise económica serviu de pórtico para que reputados homes de negocios con abondosos contactos nos círculos de poder do país pasasen da crónica política e social á de tribunais.
Sete preguntas e respostas sobre a sentenza dos edís de Santiago
A publicación en menos de 24 horas de dúas resolucións favorables ao PP compostelán provoca unha fervenza de declaracións das filas dos conservadores, que dan por recuperada a "honra" de Compostela e atacan a "indignidade" da oposición.
A Deputación de Lugo ofrece fondos para que o HULA atenda infartos as 24 horas
Besteiro anuncia que o ente provincial aprobará a proposta incluída pola federación veciñal nos orzamentos participativos. Feijóo desdeña o ofrecemento, atribúeo á precampaña e culpa o bipartito de que a unidade funcione só polas mañás.
Revogada a sentenza que lanzou a Hernández á alcaldía de Santiago
A Audiencia da Coruña anula a inhabilitación dos sete edís que aprobaron pagar con fondos públicos o avogado dun concelleiro imputado na Pokémon
Sanidade evita por segunda vez informar o Valedor sobre os infartos en Lugo
O Valedor do Pobo remítelle un segundo requerimento á Consellería para que lle remita un informe sobre as queixas da plataforma veciñal que esixe os servizos pendentes no HULA. "Que ten que ocorrer para que Feijóo destitúa a conselleira?", pregúntase o colectivo cidadán.
A Fiscalía impulsa a fin da investigación a Paula Prado por non apreciar delito
O maxistrado que instruía a causa de Prado no TSXG acepta a petición do Ministerio Público e conclúe o sumario sobre o presunto tráfico de influencias da deputada conservadora, iniciada a raíz das escoitas da Pokémon.
Así logrou o PP o primeiro triunfo de Podemos no Parlamento galego
Os conservadores galegos acusan a oposición de ser "o peor da casta política" por non apoiaren a súa lei de participación cidadá, que para PSdeG, AGE e BNG resulta un "paripé" e "propaganda"
Informar sobre catástrofes si, pero non así
O marasmo mediático xurdido tras o accidente do avión de Germanwings que viaxaba entre Barcelona e Düsseldorf leva o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia a lembrar a necesidade de primar o rigor, evitar as imaxes de persoas "en situacións de sufrimento" e desterrar as especulacións das novas sobre a catástrofe.
Compostela Aberta: "Non nos imos confundir de inimigo"
A plataforma compostelá lánzase á precampaña tras a proclamación oficial das persoas elixidas para ocupar os primeiros quince postos da súa lista. Noriega atribúe a implicación de Feijóo na campaña ao "nerviosismo dos poderes fácticos" ante un posible cambio de goberno.
A Xunta sentencia que Galicia xa gaña cartos grazas ao vídeo de Enrique Iglesias
O Goberno galego baséase nas estatísticas dun videoclip anterior do artista para concluír que "o investimento" de 302.500 euros "xa estaría case duplicado" grazas aos "seguidores" de Iglesias "ao longo e ancho do mundo"
Xunta e Goberno central promocionan a 'Marca España' no "soño" de Fraga
Feijóo e dous ministros desfanse en eloxios cara á 'Marca España' nunha xornada organizada por ambas administracións na Cidade da Cultura. Ana Pastor presenta o AVE a Galicia como un dos "fitos" da marca, que segundo o presidente da Xunta foi "forxada" pola emigración galega no mundo.