A Xunta apela á "solidariedade" para paliar o seu recorte nos libros de texto
O Goberno galego teima no modelo de axudas parciais aínda que lle sae máis caro que o de préstamo universal e anima a estender os bancos de libros das ANPAS para contrarrestar o efecto da súa propia retallada.
A Xustiza desmonta a 'revolución' do PP contra funcionariado do Concello de Santiago
O TSXG anula a creación de novos postos para relevar o secretario e a interventora municipais, que segundo presuntos implicados no caso Pokémon "torpedeaban" as operacións de Conde Roa e Espadas.
Feijóo desdeña a EPA e cuestiona que parte das persoas sen traballo queiran atopalo
O presidente pon en cuestión a Enquisa de Poboación Activa tras os malos resultados do primeiro trimestre e despois de utilizala durante anos para apelar ao "diferencial positivo" de Galicia. Vincula a posibilidade de atopar traballo coas inscricións como demandante no antigo INEM, aínda que menos do 3% das baixas neste se producen por unha oferta do Servizo Público de Emprego.
Cando o alcalde do Porriño se preguntaba "que mal ten contratar empresas dos nosos amigos"
O popular Nelson Santos, imputado por prevaricación continuada, suborno, malversación de fondos e tráfico de influencias, atribuíu nun mitin de 2011 todas as acusacións aos "miserables unidos" da oposición e a "un xornal que está a piques de pechar". Audio no interior
O veto ao voto dos mariñeiros embarcados: cando a lei ignora a realidade
O Goberno galego limita a expresar a súa "preocupación" pola imposibilidade de que o persoal da flota de altura e gran altura poida exercer o seu dereito ao sufraxio. As Cortes e o Goberno de España vetan o voto electrónico alegando problemas de "seguridade" mentres impulsan a contrarreforma do sufraxio dos residentes ausentes.
O Concello de Santiago gasta medio millón en redecorar todas as rotondas
O goberno compostelán destina algo máis de 500.000 euros a dotar as glorietas dunha decoración "colorista e botánica" que acabe coa súa "monotonía". Estes espazos, aseguran, "reforzan a personalidade" da capital de Galicia.
O paro desbócase en Galicia e desmonta o triunfalismo da Xunta
O país conta con 16.100 parados máis que hai tres meses e 9.100 máis que hai un ano e é a primeira autonomía onde máis sobe no último ano o número de desempregados, que se sitúa xa nas 296.900 persoas.
A falla de servizos no hospital de Lugo obriga a trasladar 6.000 doentes en tres anos
Case 4.000 persoas con problemas de corazón e cando menos 2.000 pacientes con cancro tiveron que viaxar entre 2011 e 2013 pola carencia de unidades de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no HULA. Feijóo prometeu na inauguración do centro estes equipamentos, cuxa instalación é unha obriga legal dende o pasado marzo.
O alcalde de Dozón sobe o seu soldo un 30% e Feijóo apóiao
O rexedor do municipio pontevedrés, de apenas 1.200 habitantes, impulsa unha modificación orzamentaria para pasar a cobrar máis de 30.000 euros ao ano por unha xornada de 25 horas semanais. O BNG, única formación da oposición, ve a decisión "un abuso intolerable".
O BNG reivindícase como única vía para que Galicia "estea" no Parlamento Europeo
O Bloque lanza a súa precampaña europea cun encontro nacional no que apelou ao seu traballo nas institucións comunitarias para presentarse como a opción que só defende o país fronte ao "desperdicio" de apoiar forzas estatais, di Ana Miranda.
A espera no Sergas segue por riba dos 80 días e impulsa o trasvase de doentes á privada
A demora media cirúrxica na sanidade pública galega está máis de 20 por días do establecido na Lei de Garantías, que abre a porta a recorrer á sanidade privada financiada con fondos públicos no caso de incumprimento dos obxectivos.
Case 160.000 persoas mozas deixaron de vivir en Galicia dende o inicio da crise
O presidente da Xunta sentencia que o país non ten "un problema de emigración de mozos" e atribúe a baixada no número de xente nova ao descenso da natalidade nos anos 80 e 90. Non obstante, os datos contradín a versión presidencial.