As estradas galegas, paradigma de mala conservación no Estado
Un estudo da Asociación Española de la Carretera sitúa a rede viaria do país entre as peor conservadas mentres Fomento prevé gastar máis de 1.000 millóns de euros nunha nova autovía na Ribeira Sacra
O Consultivo ve "contraria" á lei a reforma sanitaria estrela de Feijóo
A Xunta incumpriu os prazos de alegacións cos colexios profesionais e non consultou con organizacións de pacientes. O organismo asesor dubida tamén dos incentivos ao persoal do Sergas por aforrar.
O Tribunal de Contas da UE apercibe a Xunta por falta de control nas axudas ao rural
O organismo fiscalizador comunitario detecta que se concederon axudas tendo en conta parcelas que realmente "estaban cubertas por bosques frondosos" e recomenda "realizar controis máis rigorosos" no conxunto da Unión.
A Xunta mantén 9 Audi cinco anos despois da campaña do PP contra os coches oficiais
Dous A8 e sete A6 seguen formando parte do parque móbil do Goberno galego, composto por máis de 1.600 vehículos nos que Citroën, Nissan e Suzuki son as marcas máis numerosas. A marca francesa con factoría en Vigo supón apenas o 30% do total.
O audiovisual galego reivindica o dereito a "existir" nos Mestre Mateo do público
O filme 'Somos xente honrada' triunfa con seis galardóns nunha gala marca pola homenaxe á audiencia e a reivindicación de emprego digno para o sector
O .gal xa non é un soño
A ICANN delega a xestión do dominio galego na Asociación puntoGAL, que xa prepara as fases do lanzamento. "O dominio é voso", dinlle á sociedade galega.
Alerta no persoal contra incendios polo recorte nas brigadas que prevé a Xunta
Medio Rural anuncia que cada grupo de profesionais deixará de estar composto por sete persoas para ter só cinco. Apropiga teme a perda de case 150 postos de traballo e ve na decisión unha consecuencia das "privatizacións".
Así 'explica' o Goberno de España por que condecora a Virxe
A Xunta sae na defensa das monxas que din "salvar" persoas discapacitadas
O Goberno galego xustifica a preguntas do BNG o contrato de máis dun millón de euros coas Esclavas de la Virgen Dolorosa, orde relixiosa que ten no seu "carisma fundacional" a "rehabilitación de nais solteiras".
25-M: Cinco vías de Galicia a Europa
O electorado galego xa ten diante de si as cinco principais opcións que, dende outras tantas organizacións, aseguran que serán a voz do país na Eurocámara. Repasamos as credenciais que presentan para tentar recabar a confianza da cidadanía galega.
Puigcorbé: "Catalunya non se vai botar atrás e quen se empeñe niso, que desista"
O actor catalán, de visita en Compostela para participar nunha xornada divulgativa sobre o futuro político de Catalunya, defende a "enorme ilusión" que sustenta o proceso polo dereito a decidir, que "non vai contra ninguén" e só é rexeitado "por quen teñen o poder nas mans e non o queren soltar".
"Gallardón é un iluminado que quere mudar a Xustiza sen contar con quen sabe disto"
O secretario do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo, advirte dos "prexuízos" da supresión dos partidos xudiciais que inclúe a reforma impulsada polo Ministerio de Xustiza. "A moitas localdades só lles quedará o centro médico e a algunhas, nin iso", advirte.