A mobilización gandeira céntrase nas áreas comerciais mentres o Estado tenta minimizala
Segundo día de tractorada en Compostela e sexto en Lugo. A Comisión Europea anuncia un paquete de axudas de 500 millóns pero rexeita intervir nos prezos mentres a Xunta opta por manter un perfil baixo.
Milleiros de tractores toman Compostela contra a "ruína" do sector lácteo
Uns 2.000 vehículos percorren xa a capital galega para esixir "prezos dignos". A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo agarda a chegada de ata 5.000 tractores á mobilización, que continuará ata o xoves.
O curso político que pode cambialo todo (ou non)
Os balóns de osíxeno que o PP recibiu a finais de xuño semellan picar por dous conflitos que veñen de estourar nas rúas de Lugo e Vigo. Os populares fían parte do futuro ás decisións de De Lara sobre Besteiro e á posibilidade de que non se artelle unha alternativa potente á esquerda do PSOE.
O Parlamento galego queda sen debate de política xeral nos anos electorais
O DOG publica este venres a modificación da lei da Xunta e a súa presidencia, reformada por efecto do novo regulamento parlamentario.
A sanidade e o leite abren dúas vías de auga na xestión da Xunta
Dúas multitudinarias mobilizacións en Vigo e Lugo claman a prol da sanidade pública e do sector lácteo e esíxenlle ao Goberno galego que garanta o carácter público do novo hospital vigués e a supervivencia do rural.
O sector lácteo colapsa Lugo e esíxelle a Feijóo que "goberne"
Centos de tractores arrodean a Muralla lucense para esixir prezos xustos para o leite galego. Os gandeiros valoran prolongar a mobilización a este venres
A interventora de Santiago certifica que o PP incumpriu as regras de gasto do Concello
Un informe da Intervención Municipal que vén de recibir o novo goberno indica que o Concello superou en 2,3 millóns o límite de gasto de 2014 e 'inchou' en case 10 millóns as contas de 2015.
A empresa de augas de Ferrol admite que non depurou pero cobrou por facelo
A empresa Urbaser, do grupo de Florentino Pérez, recoñécelle ao novo goberno ferrolán que a depuradora de Cabo Prioriño non funcionou no primeiro ano tras a posta en marcha e informa de deficiencias "estruturais" por importe de medio millón de euros.
As ANPAS alertan dun inicio de curso sen libros pola falta de organización da Xunta
A Consellería de Educación sinala que o seu novo "fondo solidario" xa recolleu 200.000 manuais mentres as asociacións de pais e nais aseguran que "de momento non se sabe nada" e advirten de que a implantación da LOMCE incrementa a incerteza.
A emigración galega a Madrid aumentou un 40% na última década
A poboación residente en Galicia que marchou ao estranxeiro triplicouse en dez anos. O saldo migratorio galego co Estado en 2014 foi o peor dende o inicio da crise, mentres que mellora a respecto do resto do mundo.
Ferrol estuda levar aos tribunais a "estafa" da depuradora
O Concello ferrolán inicia os trámites para esixir "responsabilidades" a Urbaser e ao goberno do PP pola xestión da EDAR, que "non depurou nin un só metro cúbico de auga" durante un ano.
Beiras apela as mareas a artellaren un "suxeito político galego" para as xerais
O líder de Anova coida que o obxectivo da posible candidatura "non debe limitarse a conquerirmos un grupo parlamentar galego" e advirte a "todos os que din defender o dereito á libre decisión" de que "deben asumir a presenza do pobo galego" como "soberano" nos comicios.