O Supremo condena a Xunta a pagar 1 millón a Pescanova pola piscifactoría irregular de Touriñán
O alto tribunal constata a irregularidade da autorización para a planta de Touriñán, aprobada pola Xunta de Fraga en funcións e anulada polo bipartito en 2006. Feijóo considerou "desolador" o veto decidido pola coalición de PSdeG e BNG e asegurou que o proxecto "cumpría as leis".
A Xunta achega aos festivais musicais galegos de 2015 un 30% menos que a Enrique Iglesias
A Agadic destina por segundo ano consecutivo 210.000 euros a apoiar todos os festivais musicais do ano, case 100.000 euros menos que os pagados polo Goberno galego para a produción do controvertido vídeo do cantante.
O Goberno central multiplica as inauguracións en Galicia no inicio da precampaña
A ministra de Fomento inaugura este venres en Vigo e Santiago as obras de ampliación de AP-9 tras un mes de continuas presentacións de anuncios de investimentos
O Hospital de Lugo fai catro anos a agardar os servizos prometidos por Feijóo
O 26 de febreiro de 2011 o presidente inaugurou o HULA e asegurou que ese mesmo ano funcionarían integramente os servizos para atender cancro e infartos. Catro anos despois a Hemodinámica só abre en horas de oficina e radioterapia e medicina nuclear aínda están en proceso de contratación.
A economía galega medrou en 2014 a metade do previsto pola Xunta
O PIB do país pechou o pasado ano cun crecemento do 0,4%, mentres que os Orzamentos Xerais prevían un 0,8% que o Goberno chegou a revisar ata o 1,2%. Os datos do IGE amosan o estancamento económico do país durante todo o exercicio.
A Xunta insta a agardar ao "retorno" turístico para criticar o vídeo de Enrique Iglesias
O novo conselleiro de Cultura e Educación insta a non "mesturar" a achega á produtora do vídeo coa política cultural. O tabloide británico 'Daily Mail' faise eco da polémica e destaca que no clip figuran escasas imaxes de Galicia pero "unha morea de rapazas".
A Xunta adhírese á nova reforma do aborto fronte á oposición "abortista"
Feijóo cuestiona os datos que acreditan que o 90% das menores que teñen que interromper o seu embarazo xa informan a familia e o PSdeG acúsao de "sacrificar" a seguridade das mozas para satisfacer "a caverna á que representan".
Feijóo garante agora os fármacos para a Hepatite C porque "isto non é Venezuela"
O presidente da Xunta acusa a oposición de "xogar cos doentes" e asegura que o Goberno galego dispensará todos os tratamentos segundo os "criterios" médicos, tal e como pedía a proposta que o PP rexeitou hai dúas semanas.
Traballo asegura que "nunca" pagou 100.000 euros concedidos a Azetanet cando xa era investigada
A Consellería outorgoulle dúas subvencións á empresa de Crespo en 2013, pero segundo Beatriz Mato "endexamais" chegou a cobralas por incumprir os obxectivos marcados. O empresario estivo autorizado para impartir estes cursos ata o outono de 2014.
O PP desdeña a lei de publicidade proposta polos medios en galego: "Non serve nin para emendar"
Toda a oposición apoia a iniciativa da Asociación de Medios en Galego para regular por lei a asignación de fondos públicos á prensa e "promover a lingua galega" na comunicación. Paula Proclama que "ningunha campaña da Xunta" está "destinada a destacar logros" do Goberno.
Os datos desmontan a teoría da Xunta para o aumento do paro
Pouco máis de 1.700 persoas acceden en Galicia ás novas axudas para persoas paradas de longa duración. Feijóo atribuíu o incremento do desemprego en decembro á intención de lograr estes subsidios.
Feijóo vólvese presentar ás municipais
Feijóo presenta os seus candidatos ás cidades como "garantía de estabilidade" fronte ás mareas catro anos despois de avalar tamén os seus aspirantes á alcaldías urbanas, dos que só recuncan tres. Vídeo no interior.