Unicef constata un recorte de 600 millóns de investimento na infancia galega
A axencia da ONU para infancia certifica unha caída do 20% nos orzamentos para as políticas destinadas á poboación infantil. A educación perdeu dous de cada dez euros e o benestar e os servizos sociais, seis de cada dez.
O PSdeG pide contas á Xunta pola condena ao xefe da Policía autonómica "por malos tratos" en 1976
A socialista Marisol Soneira cuestiona que Rueda se "fixase nunha persoa condenada por estes motivos" para dirixir a UPA. O director de Interior resalta que o comisario se vai xubilar e que "todas as persoas teñen dereito á rehabilitación".
Galicia arríscase a perder 300.000 euros de fondos europeos pola trama Zeta
A Xunta confirma que as autoridades comunitarias lle pediron información da presunta fraude nos cursos de formación xusto despois de que a trama irrompese na prensa. O PSdeG reprocha a imaxe que o caso proxecta de Galicia e o BNG anuncia unha pregunta na Eurocámara.
A Xunta admite que non pode prohibir as doazóns de empresas a partidos, como prometeu Feijóo
O Goberno galego asume que a promesa do presidente bate coa lexislación estatal e anuncia unha lei para impedir que as forzas políticas con doazóns de persoas xurídicas teñan subvencións autonómicas.
Os impostos da Xunta xestiónanse obrigatoriamente con Windows
Facenda merca 152 novos ordenadores para os que esixe a presinstalación do sistema operativo de Microsoft. Feijóo comprometeuse a que "os programas que poñamos a funcionar ex novo, todos poidan discurrie en sistemas libres ou abertos".
O PP tenta aplacar a súa marxe dereita cun recorte parcial do dereito ao aborto
Os conservadores presentan a reforma para recortar o dereito a interromper o embarazo ás mozas de 16 e 17 anos en vésperas da manifestación dos antiabortistas contra Rajoy. Os abortos de mozas menores de idade son apenas o 3% do total en Galicia.
Besteiro deixa a política local para "centrarse na construción dun proxecto para Galicia"
O líder do PSdeG confirma que se dedicará plenamente á política galega tras oito anos na Deputación de Lugo e traza as liñas mestras do seu programa, baseado "galeguismo de base económica".
O Sergas négalle á veciñanza os datos de mortalidade por infarto en Lugo
O Valedor do Pobo "reitéralle" formalmente ao Sergas a obriga de remitirlle un informe sobre as queixas da plataforma que reclama os servizos pendentes no HULA, polo que agarda dende finais de 2014. As protestas "van arreciar", advirte o colectivo cidadán.
A Xunta destina 45.000 euros máis a un novo torneo de golf por varias autonomías
A Axencia Turismo de Galicia organiza a quinta edición do seu torneo de golf, que se celebrará, como "mínimo", en Asturias, Cantabria ou La Rioja, Euskadi, Navarra e Madrid
O día en que Feijóo prognosticou a súa vitoria no "berce do nacionalismo"
O 17 de febreiro de 2009 Galicia estaba en plena campaña e unha das novas do día era un mitin que Feijóo e Baltar protagonizaran en Allariz. Alí os populares instaron a "pararlle os pés ao bipartito" para que PSdeG e BNG non acabasen "colgando aos alcaldes" do PP.
A Xunta deslígase da coordinación dos aeroportos en vésperas electorais
Tras destinar 30.000 euros a un estudo para coordinar os aeroportos o Goberno galego limítase a evidenciar que "hai que conseguir" esta coordinación "en beneficio de todos". O Sá Carneiro do Porto seguiu gañando tráfico en plena crise mentres Lavacolla, Alvedro e Peinador o perdían.
Sanidade incendia a precampaña municipal en Lugo
A plataforma cidadá que reclama os servizos pendentes para Hospital de Lugo anuncia unha manifestación para tres días antes das eleccións municipais despois de que a conselleira Rocío Mosquera se negase de novo a que a unidade que atende infartos abra as 24 horas. Concello e Deputación planean declarala "persoa non grata".