A burocracia atrasa tres anos a aplicación en Galicia dun fármaco contra o cancro
A administración dun medicamento contra o cancro de próstata para doentes sen quimioterapia, aprobada pola UE en setembro de 2011, non foi autorizada polo Goberno español ata o verán de 2014 e pola Xunta, ata o pasado setembro. Pacientes oncolóxicos esixen "equidade" no acceso aos fármacos.
        
    
    Contra o estado de excepción musical en Compostela
Profesionais da música, veciñanza e locais de hostalería de Santiago constitúen a plataforma 'Compostela, territorio musical' para reclamar a fin do "acoso irracional á celebración de actividades culturais en establecementos". Varios locais hostaleiros foron multados nos últimos meses.
        
    
    O convenio que Educación esgrime para prohibir actos políticos só afecta a pavillóns deportivos
A Xunta vetou un acto da Marea Atlántica nun instituto da Coruña apoiándose nun convenio que só atinxe ao uso de instalacións deportivas dos centros de ensino secundario por parte dos concellos.
        
    
    A Xunta atribúe á "xeoloxía" e ao mal tempo 50 millóns de sobrecustos en obras
A Xunta tenta esquivar, en resposta ao BNG, as críticas do Consello de Contas pola desviación no custo de obras que, entre 2010 e 2011, pasaron de 152 a 200 millóns de euros. "Os proxectos complementarios non se producirían se os orixinarios estivesen ben estudados", di o organismo fiscalizador.
        
    
    A epidemia de gripe que previu Google e desbordou o Sergas
A ferramenta da multinacional tecnolóxica para estimar a incidencia da gripe atina, tras o fallo do pasado inverno, coa previsión de incremento de casos en Galicia durante as primeiras semanas de 2015.
        
    
    Cando Feijóo atribuía as inscricións no paro á vontade de atopar traballo
O presidente da Xunta vincula a suba do paro á intención de conseguir as novas axudas do Goberno central, aínda que non poden optar a elas as persoas inscritas despois do 1 de decembro. Apenas o 1% das baixas nas oficinas de emprego se produciron por atopar un traballo grazas ao antigo INEM.
        
    
    A Xunta baixa o canon de Sogama un 10% en ano electoral tras subilo un 34%
Medio Ambiente deixa o prezo que lles cobra aos concellos polo tratamento do lixo un 20% por riba que antes da primeira suba. A oposición ve "electoralismo" na medida e acusa a empresa de inchar as súas previsións de perdas, provocadas pola reforma enerxética de Rajoy.
        
    
    A Xunta gábase da economía mentres medran as dificultades para chegar a fin de mes
Case seis de cada dez familias galegas manifestan problemas para facer fronte aos gastos mensuais, máis que cando o Goberno admitía estar a transitar polo peor da crise económica
        
    
    A Xunta prohibe os actos da Marea Atlántica nun instituto da Coruña
O Goberno galego alude a un convenio asinado coa Fegamp para impedir que a Marea Viva se celebre no IES de Elviña, como estaba previsto. A plataforma cidadá traslada as actividades á sede do Colexio de Arquitectos na cidade.
        
    
    A gasolina máis barata de Galicia custa un 20% máis que a de menor importe do Estado
As estacións de servizo máis económicas do país, en Outeiro de Rei e Lalín, resultan notablemente máis caras que as que ofrecen o combustible máis asequible do territorio estatal. Dende xuño o prezo da gasolina caeu un 8% en Galicia e o do gasóleo, un 5%, menos que no conxunto do Estado.
        
    
    Así fornece Galicia crédito bancario ao resto do Estado
Os depósitos bancarios da poboación galega xa superan en 16.000 millóns de euros aos créditos que as entidades teñen concedidos no país. En apenas cinco anos as entidades financeiras pecharon unha cuarte parte das súas sucursais galegas e desfixéronse do 30% do seu persoal.
        
    
    A Galicia prevista por Feijóo para 2014 bate coa realidade
O presidente da Xunta presentou en 2010 o seu Plan Estratéxico da Economía e fixou o "exame" da súa aplicación para o ano que vén de rematar. O Goberno galego traballa xa nunha revisión do plan mentres as cifras oficiais acreditan o incumprimento dos seus principais obxectivos.