O Parlamento redúcelles iniciativas a AGE e BNG para encaixar o Grupo Mixto
Alternativa e Bloque perden o dereito a preguntarlle a Feijóo nun pleno de cada período de sesións, contradicindo así unha resolución vixente dende 2005. Os grupos prexudicados acusan o "bipartidismo" de "amordazalos" e o PSdeG nega un pacto co PP, que ve "ridículas" as protestas.
Seis accións do PP que contradín as promesas de transparencia da Xunta
O Goberno galego anuncia novas medidas en materia de transparencia cando aínda incumpre as vixentes e aposta por lexislar para evitar comportamentos cometidos nos últimos anos en Administracións xestionadas polos populares.
Crespo acusa a Feijóo de "mentir" e anuncia unha querela contra Beatriz Mato
O presunto líder da trama Zeta négase a declarar ante a xuíza e asegura que achegará á causa "gravacións e testemuñas". A súa defensa anuncia que pedirá a declaración de "funcionarios" e "asesores" e nega que os seus cursos fosen falsos.
Ferrol fica fóra do leve incremento do emprego nas cidades no remate de 2014
A cidade ferrolá perdeu case unha cuarta parte de cotizantes na Seguridade Social dende 2007. A crise aumenta o peso do sector servizos no conxunto de cotizantes dos grandes municipios urbanos do país.
"Non deixes que se mollen": alegría e reivindicación pola seguridade do alumnado
As familias do colexio compostelán de Fontiñas mobilízanse para reclamar seguridade nos desprazamentos que as nenas e nenos de Infantil teñen que realizar cada día pola rúa para acudir ao comedodr do centro.
A Operación Zeta retorna en plena precampaña municipal
Este 2 de febreiro comezan as declaracións ante a xuíza que investiga a presunta fraude dos cursos de formación. O primeiro en declarar é o presunto líder da trama, Gerardo Crespo, quen acusa "os políticos" de "mentir" e advirte de que "aínda non caeron os que teñen que caer".
Vázquez e Muñoz estréanse como candidatos do PP con actos oficiais da Xunta
O presidente da Xunta asegura que "non foi fácil" prescindir dos conselleiros de Facenda e Educación no Goberno, que acumula sete relevos dos que só un estivo vinculado a unhas eleccións galegas. Besteiro e Vence ven nos candidatos sinónimos da política de Feijóo.
A Xunta retruca á RAG que nada mudará na súa política lingüística
O Goberno contradí os datos e dá por rota a "tendencia no descenso de falantes de galego" entre a infancia e advirte de que non derrogará o decreto plurilingüe. Educación asegura estar a cumprir o Plan de Normalización, que o conselleiro reducira a un "remuíño de ideas".
Benestar estende o ensino concertado ás escolas infantís
Benestar apela á "eficacia" e a unha "demanda xusta" das escolas infantís privadas para implantar o novo modelo, que comezará cun orzamento de ata 1,3 millóns para financiar 500 prazas concertadas nas cidades.
Nove de cada dez excedencias por coidado familiar son de mulleres
Só o 2% das baixas por maternidade concedidas en Galicia durante 2014 foron compartidas polos dous membros da parella. Unhas 11.000 galegas traballan a tempo parcial para coidar membros da súa familia mentres que só 600 homes se atopan nesta situación.
Só un terzo das persoas que sofren infartos en Lugo poden ser atendidas a tempo
O xefe de Cardioloxía do HULA reclama a apertura as 24 horas do servizo de hemodinámica, que na actualidade funciona só en horario de oficina. O custo sería "só o de contratar un hemodinamista máis", di, mentres alcaldes da Montaña valoran levar a Xunta aos tribunais.
Anxo Quintana impulsa 'Somos nós', un "movemento cívico" para "construír país"
'Somos nós' prevé comezar as súas actividades co lanzamento dun manifesto fundacional e unha presentación pública a finais de febreiro en Compostela. "Este movemento non vai estar feito para refundar o nacionalismo" senón para que "Galicia conte", din.