A ambigüidade de Feijóo sobre o aborto exaspera a oposición
PSdeG e BNG instan o presidente a rexeitar o proxecto "patriarcal" que o Goberno de España tenta "impoñer" sobre a decisión das mulleres e Feijóo deféndese apelando a Paco Vázquez e a Bildu. No mesmo debate, acusa a AGE de querer "axustizar" os adversarios políticos.
Feijóo incendia a política andaluza coa súa chamada a "completar" a Transición
A Junta de Andalucía e os partidos que a sustentan lamentan que o presidente da Xunta acuda ao seu territorio para "insultar" e Besteiro censura que viaxe para "deixar quedar mal aos galegos" con verbas "impropias dun presidente"
Medio goberno de Santiago, a un paso do banco dos acusados
A xuíza López Suevos dá o paso previo á apertura de xuízo oral contra sete dos trece edís do equipo de goberno compostelán por pretender pagarlle o avogado ao concelleiro Adrián Varela na súa defensa no caso Pokémon.
A convulsión de Anova cambia de epicentro
Dez membros da Permanente da organización que lidera Xosé Manuel Beiras deixan o órgano directivo por considerar "un erro estratéxico e político" a decisión de concorrer ás europeas con EU, decidida en referendo o pasado domingo.
Os tratos de 'El Pulpo' do Carballiño coa trama Pokémon
Véndex traballou de balde no xardín do alcalde carballiñés, Argimiro Marnotes, para "gañar a súa vontade e optar con maiores garantías" a un concurso para o mantemento do parque municipal, segundo a investigación que dirixe Pilar de Lara
Igualdade evita rexeitar os anuncios de prostitución na prensa
O Goberno galego responde a unha pregunta sobre a publicidade de 'contactos', que estivo a piques de ser prohibida no Estado en 2011, explicando o funcionamento do Observatorio Galego contra a Violencia de Xénero e da futura Comisión Asesora de Publicidade non Sexista.
Joan Herrera: "A esquerda ten que perder o medo a gañar"
O líder de Iniciativa per Catalunya, de visita en Galicia co gallo da Asemblea Nacional do Espazo Ecosocialista, aposta pola "unidade" da esquerda cara ás eleccións europeas e no contexto do "cambio de réxime" no Estado. Partidario do dereito de autodeterminación e do referendo catalá, mantén que "o PP é unha fábrica de independentistas".
Corrupción en Galicia: non disparen ao mensaxeiro (nin á xustiza)
As críticas á xuíza De Lara, aos medios de comunicación e mesmo ao fiscal superior de Galicia salfiren a ausencia de consecuencias políticas pola información que sae á luz vinculada a presuntas tramas corruptas como a Pokémon.
Feijóo xustifica o ciclo sobre a prensa rosa nunha sede da Xunta
O presidente da Xunta escúdase en que a conferencia protagonizada por Carmen Lomana foi organizada por unha asociación de xornalistas, se ben o propio Goberno galego informou de que estivera "presidida" polo seu delegado en Madrid
A Pokémon teimou en encarecer o recibo da auga en Santiago
A investigación da presunta trama corrupta constata as presións dos dirixentes de Aquagest para incrementar a factura en Compostela e o "desvío evidente de fondos" da empresa para financiar equipos deportivos e festas da cidade. Os investigadores sospeitan do uso de "facturas falsas" nunha sociedade na que participa o Concello.
O Xabarín Club agora dá a 'bienvenida'
Un pai advirte de que a súa filla recibiu dous libros en castelán como agasallo de benvida do popular programa televisivo, noutrora referencia da normalización do galego entre a infancia
Por baixo da Pokémon: o "trato de favor" de Aquagest á voceira do PP
Os investigadores da presunta trama corrupta detectaron que "Paula Prado solicitou que lle sexa restablecido" o subministro de auga "a unha veciña súa" que o "roubaba" antes de dispoñer do correspondente contador.