Os homes con soldos superiores a 30.000 euros duplican as mulleres en Galicia
As traballadoras son maioría nas franxas salariais maís baixas e minoría nos soldos superiores aos 15.000 euros anuais. As mulleres que non poden cotizar o ano enteiro á Seguridade Social son máis que os seus compañeiros.
Os salarios deixan de ser o sustento da maioría dos fogares galegos
Os fogares que viven principalmente do traballo descenderon catro puntos entre 2008 e 2011. As pensións non contributivas pasaron a ser o sustento principal de case 4 de cada dez fogares.
Galicia sufriu cinco desafiuzamentos diarios durante o verán
O país acumula máis de 4.200 desaloxos dende comezos de 2013. No terceiro trimestre do ano descenderon os lanzamentos en propiedades alugadas pero aumentaron os hipotecarios. Feijóo retrucou a demanda de Cáritas a prol da vivenda digna alegando que hai prazas libres "nos albergues".
"A primeira operación urbanística de Hernández recorda a Conde Roa"
Medra a oposición dentro e fóra do Concello de Santiago á liquidación do proxecto de pisos de alugueiro para a mocidade en pleno centro e a construción de "vivenda libre" no seu lugar. Mentres, o alcalde compostelán culpa da operación ao bipartito da Xunta.
Podemos irá en solitario ás galegas "a non ser que a xente de Galicia decida outra cousa"
A galega Carolina Bescansa, secretaria de Análise Política e Social de Podemos, reta a Feijóo a debater sobre sanidade, educación, débeda e, "moi especialmente", sobre corrupción. "Ninguén discute que a lingua é un elemento central de Galicia como pobo", di nun encontro coa prensa en Compostela.
'Payo Today': Os 'payos' son a fonte do contaxio do ébola
A Fundación Secretariado Xitano lanza, en clave de retranca, unha campaña para que os medios de comunicación "reflexionen" sobre a súa "responsabilidade" na "configuración da imaxe social da comunidade xitana". Vídeo no interior
Xunta e Concello liquidan o proxecto de pisos protexidos para mocidade no centro de Santiago
Agustín Hernández e Ethel Vázquez acordan trasladar máis de 4 quilómetros os pisos protexidos proxectados a 400 metros da Praza do Obradoiro e permitirán que a empresa que os constrúa promova "vivenda libre" no seu lugar.
Cando Feijóo pedía que a oposición puidese investigar sen permiso do Goberno
O presidente da Xunta reclamou en 2007 que os grupos parlamentarios puidesen impulsar dúas investigacións por lexislatura aínda que non tivesen maioría e prometeu aprobar a medida ao chegar ao Goberno. Dende o retorno ao poder o PP acumula catorce vetos a comisións de investigación, os últimos sobre o accidente de Angrois e a trama Zeta.
A lei para instalar os servizos pendentes no Hospital de Lugo queda ata sen nome
O pleno do Parlamento aprobará a vindeira semana definitivamente o que queda da iniciativa lexislativa popular para instalar no HULA servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear. As emendas do PP dilúen os prazos e os compromisos sobre estas dotacións, prometidas por Feijóo en 2011.
A Xunta gasta 600.000 euros nunha nova campaña publicitaria para animar a ter fillos
Benestar disponse a contratar novos anuncios para fomentar a natalidade mentres a oposición censura a súa "hipocrisía" por desenvolver estas campañas mentres aplica recortes sociais. A Xunta mantén que a decisión de ter descendencia non está relacionada cos cartos ou o desemprego.
Fomento conxelará en ano electoral as peaxes que permitiu disparar durante a crise
O Goberno central aproveita o estancamento do IPC para decidir que non haxa subas nas tarifas das autoestradas de peaxe en 2015 un ano despois de permitir que, por primeira vez, percorrer a AP-9 supere os 20 euros. Audasa recada uns 300.000 euros diarios mentres teima en provocar atascos e reduce sistematicamente o seu persoal.
O Goberno de España indicoulle á UE que os 427 barcos do xeito eran 25
Os relatores do informe sobre o futuro regulamento comunitario sobre redes de deriva constatan que os gobernos galego e español informaron mal e tarde á Comisión Europea, expoñendo esta centenaria arte á súa prohibición total. Ven "clarísimo" que o xeito "é sostible" e amosan a súa confianza en que non será vetado. Vídeo no interior