Seis normas do novo código ético da Xunta que xa existían
O Goberno galego publicita o seu código ético como un "impulso da transparencia e a rendición de contas" pero boa parte do texto limítase a prohibir condutas xa tipificadas como delitos ou xa vetadas por normas anteriores como a Lei de Transparencia.
A década na que a mocidade galega foi varrida do mercado laboral
A mocidade pasou de representar unha cuarta parte da poboación galega con traballo a ser pouco máis do 10%. A xente nova con traballo descendeu en case un 50% dende o ano 2000
Galicia, á cola do Estado en avance do autogoberno dende o retorno do PP
Os gobernos autonómicos galego, navarro e murciano son os únicos que non sumaron ningunha nova competencia na última media década. Mentres, Euskadi obtivo 14 novos traspasos e Catalunya, 9. O gabinete de Rajoy aprobou transferencias para Balears, Canarias, Valencia, Castilla-La Mancha e Madrid.
Os desaloxos de vivendas alugadas duplican os hipotecarios en Galicia
Colectivos como Stop Desafiuzamentos apelan á responsabilidades das Administracións para axudar as persoas en risco de quedaren sen casa. A Xunta asegura que atende a problemática no marco das súas competencias.
Feijóo culpa a oposición de "baixar o nivel da política"
O presidente da Xunta acusa os "outros partidos" de degradar a acción política nunha convención do PP de Ourense na que os líderes do PSOE e Podemos foron definidos como "os Picapiedra". Rueda encoméndalle ao novo voceiro do partido velar pola "unidade da mensaxe" e reformular a política de comunicación.
A recuperación do emprego temporal duplica á do indefinido tras seis anos de crise
A sinatura de contratos temporais recuperouse un 7% no último ano en Galiciae os indefinidos non chegaron ao 3,5%. A contratación indefinida caeu máis do duplo que a temporal no país dende 2007.
Profesionais dos servizos sociais sácanlle as cores á Xunta ao constatar os recortes
Un informe da Asociación Estatal de Directoras de Servizos Sociais sitúa a Galicia nos últimos postos do Estado en investimento social e alerta do "deterioro realmente preocupante" nos servizos de atención a persoas en situación de dependencia, discapacitadas ou vítimas de violencia machista.
A Xunta publicita o seu código ético, sen máis consecuencias que as leis vixentes
O Goberno galego culmina, seis meses despois, a posta en marcha do código que veta os agasallos aos altos cargos que non sexan mera cortesía, xa vetados pola Lei de Transparencia do ano 2006.
Catro de cada dez persoas que deixaron o paro en agosto non atoparan traballo
Máis de 14.300 persoas deixaron de constar como demandantes de emprego porque non renovaron a 'tarxeta do paro', non por atopar traballo. Máis do 90% dos contratos do mes foron temporais.
Galicia perdeu 450 camas hospitalarias públicas en cinco anos
O Goberno galego insiste en restarlle valor ao que denomina "recurso cama" e traballa nun plan para enviar á casa doentes que ata agora permanecían nos hospitais para recibiren tratamentos ou seren "estabilizados" tras unha operación
Cumprir o programa impediría as reformas electorais do PP en Galicia e no Estado
O presidente da Xunta defende o recorte ao Parlamento co argumento de que "teño que cumprir o programa electoral", pero obvia que prohibir as reformas electorais sen consenso foi tamén unha das súas propostas programáticas. Rajoy asegurou tamén que instauraría maiorías cualificadas para modificar as normas básicas.
Por que o chaman "elección directa" cando queren dicir...?
O modelo que o PP prevé implantar mudaría o actual sistema proporcional por un maioritario, no que a forza máis votada sería primada outorgándolle a maioría absoluta. Esta proposta está afastada dos sistemas de elección directa, nos que a cidadanía vota especificamente por cada membro da corporación municipal. Infografía no interior