O PSdeG garante o impulso a gobernos "de esquerda" tras as municipais
A secretaria de organización dos socialistas galegos asegura que "onde sexa necesario garantir un proxecto de esquerda" será "onde estea" o seu partido que, di, xa "tomou nota" das "labazadas bastante importantes que nos deu a cidadanía".
O "deterioro" do estadio de San Lázaro provoca que a Xunta gaste uns 50.000 euros nun alugueiro
O Goberno galego admite que a degradación das oficinas da Secretaría Xeral para o Deporte no recinto compostelán chegou a derivar en "graves e frecuentes riscos" para o persoal que traballaba alí.
O Consello da Xunta (non) aproba a radioterapia para Lugo
O Goberno galego publicita que o Consello lle deu "luz verde" ao investimento, aínda que o que se produciu foi un paso máis nunha contratación que se tramita dende 2013. Feijóo censura a Besteiro por "crer que unha sala de hemodinámica é o mesmo que unha sala de recría de gando".
A economía galega en 2014: radiografía dunha chaira
Os principais datos económicos acreditan que Galicia só está á cabeza do Estado en cumprimento do déficit mentres fica nos últimos postos en crecemento e recuperación. A recadación de impostos amosa ás claras o estancamento do consumo.
A xuíza detecta sobresoldos no PP de Ourense e atribúeos á 'caixa B' do partido
De Lara reclama formalmente a contabilidade dos populares ourensáns e, baseándose nos documentos achegados polo ex xerente, cifra en máis de 200.000 euros o fluxo de diñeiro 'B' entre 2007 e 2009.
Viaxe pola Galicia do tren lento
Mentres Xunta e Fomento celebran o momento "histórico" da inauguración do eixo atlántico de alta velocidade localidades como Ferrol, Lugo ou mesmo Ourense seguen con precarias, caras e lentas liñas ferroviarias con practicamente os mesmos trazados do século XIX.
A Deputación de Lugo aproba pagar a hemodinámica e o PP rexéitao entre críticas á conselleira
Os populares lucenses admiten que Rocío Mosquera "despreza" os acordos parlamentarios e cren que sería "mellor" que "estivese calada". Besteiro disponse a trasladarlle o acordo a Feijóo para que "non perda un segundo" na dotación de servizos no HULA.
O BNG reduce a súa débeda á metade e remata 2014 con superávit
O Bloque pechou o pasado exercicio cun saldo positivo de 51.000 euros. A dirección da formación destaca que o seu saneamento está a ser posible grazas á "entrega militante".
A Xunta critica unha adxudicación de Hernández para xustificar a fin da vivenda pública no centro de Santiago
O Goberno defende a liquidación das vivendas para mocidade previstas na céntrica avenida de Xoán XIII e ataca as características da obra prevista, impulsada polo bipartito pero adxudicada tras o retorno do PP á Xunta.
Feijóo protagoniza unha trintena de inauguracións en mes e medio
Galicia vive unha carreira de actos de autobombo na xornada previa á prohibición deste tipo de eventos por mor da convocatoria das eleccións municipais. Galería de imaxes no interior.
O PP foxe cara a adiante no conflito sanitario de Lugo
José Manuel Barreiro considera un "atentado á intelixencia" reducir a apertura do servizo de hemodinámica as 24 horas a unha "cuestión económica" despois de que a Deputación ofrecese financiamento para facelo. Xavier Vence súmase á 'ruta do cancro' e insta a Feijóo a facela. Audio no interior
Cinco 'homes de prol' para unha crise en Galicia
A crise económica serviu de pórtico para que reputados homes de negocios con abondosos contactos nos círculos de poder do país pasasen da crónica política e social á de tribunais.