Feijóo únese en Madrid á marcha da dereita e carga contra Sánchez por "negociar a soberanía nacional"
O presidente da Xunta acusa o xefe do Executivo central de "poñer en cuestión a soberanía da nación máis antiga do mundo" nunha concentración con 50.000 persoas e con presenza de PP, Ciudadanos e grupos de extrema dereita como Vox
Os Franco teiman sen papeis en que as esculturas espoliadas en Santiago son súas
O avogado da familia do ditador di que os herdeiros son "lexítimos propietarios" das figuras de Abraham e Isaac sen achegar proba ningunha que o acredite durante o xuízo no que o Concello de Santiago as reclama. O Consistorio aporta documentación da adquisición das estatuas e confía en que a sentenza "xere precedente" para recuperar o patrimonio espoliado polo franquismo.
A ONU pide explicacións ao Goberno español por non dar licenza a medios comunitarios como Cuac FM
O Goberno central terá seis meses para presentar "explicacións ou observacións" por escrito. A Xunta obrigou a Cuac FM a deixar de emitir en analóxico baixo ameaza de sancionala con 200.000 euros; a multa foi arquivada, pero mantense o veto á emisión
Milleiros de persoas maniféstanse coas Marchas da Dignidade contra a corrupción e os recortes
As peticións de dimisión de Mariano Rajoy e do Goberno central foron constantes durante todo o percorrido, ao que se uniu a columna galega, que saíu de Ourense tras xuntar cidadáns de diversos puntos do país
Condenado o Sergas por arriscar a vida dunha paciente que mandou a abortar a Madrid
Un xulgado de Lugo condena a Administración a pagar 270.000 euros tras non practicar un aborto dun feto inviable na semana 32 e obrigar a muller a viaxar a Madrid. "Alongouse innecesariamente o seu embarazo, púxose en perigo a súa vida e perdeu a oportunidade de ser nai", di o xuíz.
"Arrisquei a miña vida viaxando 500 quilómetros porque o Sergas se negou a practicarme un aborto"
Paula interrompeu o seu embarazo na semana 32 e foi derivada de Burela a Madrid por mor da "obxección de conciencia" do persoal, segundo o Sergas. A muller acabou perdendo o útero e demandou os profesionais que a atenderon por alongar unha xestación "incompatible coa vida"