Vigo acollerá o 15 de xuño unha nova manifestación polo dereito ao aborto
A marcha partirá da estación de tren, onde se reunirán as e os manifestantes vigueses cos procedentes do resto do país. A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto busca manter a mobilización un ano despois da súa primeira manifestación.
Haberá touradas na Coruña este ano?
O concurso licitado polo Concello para atopar algunha empresa interesada en organizar a feira taurina de agosto podería ter quedado deserto. A convocatoria pechouse a semana pasada pero o Goberno municipal aínda non accedeu a comunicar o seu resultado.
O PSdeG, á fronte dos sectores socialistas que piden un referendo sobre a Monarquía
O seu secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, foi dos primeiros líderes en demandar a apertura do debate sobre a Xefatura do Estado. As agrupacións locais de Pontevedra e Ferrol piden un referendo e defenden abertamente a República, o mesmo que as Xuventudes Socialistas.
Vía libre á reforma do Barrio do Cura, en Vigo, despois de 11 anos de trámites
O pleno municipal aprobou cos votos de PSdeG-PSOE, PP e BNG un proxecto que mudará por completo esta zona do centro da cidade, na que se constuirán 300 vivendas, e que espertou críticas de varios colectivos
O esgotamento reduce máis o número de demandantes de emprego que os novos contratos
A maior parte das baixas no número de demandantes de emprego non se deben a novos contratos, senón á non renovación das solicitudes. Tan só o 0,66% da caída do paro en Galicia en 2014 ten a súa orixe en traballos ofrecidos polo servizo público de colocación.
Os contratos temporais fan descender o paro en Galicia en 6.700 persoas
Segue habendo 263.444 galegos e galegas inscritas como demandantes de emprego. No conxunto do Estado o desemprego cae en 111.916 persoas, até as 4.572.385. Só o 53,66% das paradas e parados galegos reciben algunha prestación. E só o 9% dos contratos son indefinidos.
O apoio á Coroa e a Juan Carlos, en descenso durante anos
A Monarquía comezou en 2011 a obter valoracións por debaixo de 5 nos barómetros do CIS, até chegar á nota de 3,72 puntos sobre dez no último barómetro. Nos anos noventa a súa valoración superaba o 7. Unha enquista recente de El Mundo tamén reflectía a demanda maioritaria para que abdicase.
Máis de sete de cada dez galegos e galegas chegan a final de mes 'con dificultades'
Os datos publicados polo INE na súa Enquisa de Condicións de Vida destacan que a porcentaxe de persoas que en Galicia sofren problemas económicos, en maior ou menor grao, se incrementou nun ano do 63% ao 72,3%, cinco puntos por riba da media española.
As Marchas da Dignidade chaman a 'rodear o parlamento' o sábado 21
A manifestación, que terá como lema Pan, traballo e teito, coincidirá con iniciativas semellantes ante outros parlamentos do Estado. O manifesto da convocatoria denuncia o control das cámaras polo poder financeiro e o bipartidismo de PP e PSOE.
FdN: Que mellor escenario que a Illa de Arousa?
O Festival do Norte cambia. De Vilagarcía para A Illa, de maio para xullo, do cemento do Fexdega a un escenario de ensoño. E cun cartaz ambicioso e arriscado, con grandes nomes: The Horrors, The Pains of Being Pure at Heart, Is Tropical, Lori Meyers, Veronica Falls, Austra, The Wave Pictures ou Russian Red
Vimianzo denuncia xudicialmente varios cargos da Xunta por prevaricación
Un departamento da Consellaría de Presidencia leva meses bloqueando o nomeamento da secretaria do Concello, o que impide a aprobación dos orzamentos municipais ou a concesión de licencias. Para o alcalde, Manuel Antelo, son as relacións de amizade entre os cargos da Xunta e os concelleiros da oposición as que propician este bloqueo.
"Os nosos tiros desde o tellado tratan de dar onde doe, e algo é. Non estamos disparando ao aire"
Ataque Escampe publican o seu cuarto LP, Disco Vermello (Discos da Máquina), un álbum repousado, que interroga o presente ollando cara atrás, preguntando “en que momento se torceron as cousas?”. Falamos con eles.