A recollida de lixo, campo de batalla laboral
A folga do persoal de Urbaser en Lugo chega ao seu oitavo día. Nos últimos anos Compostela, A Coruña, Vilalba ou Padrón viviron importantes paros nos servizos de recollida de residuos, un sector que reporta grandes beneficios e que está controlado polas grandes construtoras.
"Un concello sen escola é un concello morto"
As nais e pais do alumnado do CEIP de Manzaneda protestarán este mércores contra o peche da cociña do seu comedor e a súa substitución por unha empresa de cátering. "Vivimos no rural porque apostamos por un estilo de vida saudable. Non queremos catering", di a presidenta da Anpa.
"Debemos visibilizar o noso traballo, explicar todo que leva facer un libro"
Laura Rodríguez Herrera é dende este luns a nova presidenta da Asociación Galega de Editores, en substitución de Manuel Bragado, novo responsable do Culturgal. Falamos con ela dos problemas e retos inmediatos do mundo do libro en Galicia.
A Coruña acollerá o xoves unha manifestación unitaria pola "ruptura democrática"
No seu manifesto, que lerá Manuel Rivas, demándase a celebración dun referendo sobre a Monarquía e a apertura de "procesos constituíntes nas nacións do Estado". O lema: Galiza pola República e polo Dereito a Decidir
Monge: "Houbo un pacto continuado entre o PP e o PSOE que prexudicou a Galicia e o seu tren"
Manuel Monge percorre en Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (Difusora de Letras, Artes e Ideas) as políticas ao redor do ferrocarril en Galicia, e o adiamento na chegada da alta velocidade. Presentarao este luns en Ourense e o martes na Coruña.
E tras o 'Legado do Tibu', o 'Legado das parrochas'
No remate da manifestación contra a recorte do dereito ao aborto, celebrada este domingo en Vigo, Isabel Risco lanzou un reto, iniciado a pasada semana na Coruña: mollarse polos dereitos das mulleres cunha mensaxe de apoio, subindo á rede a imaxe ou o vídeo que proben a acción.
Amoeiro homenaxea a corporación de 1936: "O obxectivo non é nin máis nin menos que ser dignos"
O Concello homenaxeou este domingo as persoas represaliadas na guerra civil, en especial a Castor Sánchez Martínez, alcalde asasinado en agosto de 1936. Falamos co actual rexedor, Rafael Rodríguez.
"México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"
Sonia Subirats, filla de exiliados e na actualidade profesora en Catalunya, participou este venres na Coruña nunha homenaxe (realizada de forma simultánea en Veracruz) ao barco Sinaia que hai 75 anos levou 1.600 exiliados españois a México, 28 deles galegos.
"A historia da Transición é un conto dunha festa na que a cidadanía non estivo convidada"
O profesor de Princeton Xermán Labrador (Vigo, 1980) ofreceu este xoves unha charla no ciclo de Pasados Incómodos que organiza o Grupo Histagra. Nun momento de posta en cuestión do relato oficial sobre a historia inmediata, reclama "unha pluralidade de formas de contar o pasado"
"Historicamente falouse da emigración en terceira persoa. Nós queríamos facer protagonistas os residentes fóra do país"
O pasado 7 de xuño Cadernos de Comunicación e Análise, xornal dixital lanzado hai catro anos e centrado nas información sobre e para a diáspora galega, anunciaba o seu peche. Falamos con Fran Alvedro e Silvio Falcón sobre os motivos, e sobre o futuro da publicación.
As 200 persoas socias de 'Som Energia' en Galicia celebran a súa asemblea
A cooperativa de produción e comercialización de electricidade celebrará este sábado asembleas en todo o Estado español. A Coruña acollerá a xuntanza galega. Falamos con Daniel Espiñeira, un dos impulsores do grupo galego.
A Coruña homenaxea o exilio republicano lembrando o actual "exilio económico" da mocidade
A Coruña e Veracruz celebrarán o 75 aniversario da chegada a México do barco Sinaia, que levou 1.600 exiliados e exiliadas, 28 deles galegos, coma José Caridad Mateo, Ramón Iglesias Parga ou Lorenzo Varela. O acto coruñés denunciará tamén o novo "exilio económico" que sofre a mocidade.