Freelances do mundo, organizádevos!
Nócomún, a rede de profesionais da comunicación e da cultura, que celebra o seu terceiro aniversario, organiza este venres en Compostela unha xornada de reflexión e debate sobre as necesidades, problemas e virtudes dos e das traballadoras autónomas neste eido.
A explotación ás traballadoras do téxtil, non só en Asia
A Campaña Roupa Limpa vén de publicar un novo informe sobre a situación das traballadoras e traballadores do téxtil, desta volta centrado nas factorías que as multinacionais do sector teñen en Europa do Leste e Turquía.
O PP bota abaixo a ILP da CIG polo emprego aludindo á 'herdanza socialista'
A toma en consideración da iniciativa, que si foi apoiada por PSdeG-PSOE, AGE e BNG, chegou ao Parlamento grazas a máis de 30 mil sinaturas. Pedro Arias cualificouna de "inviable" e culpou do actual nivel de desemprego ás políticas levadas a cabo polos gobernos de Zapatero e Touriño.
Portas abertas ás farmacéuticas, tamén na saúde mental
O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia a participación de altos cargos de Sanidade, entre eles a conselleira Rocío Mosquera, nun acto patrocinado por un laboratorio privado co obxectivo de promover a distribución dos seus fármacos
A reforma da lei do aborto acelera a súa tramitación nunha semana de mobilización feminista
O Consello Fiscal vén de aprobar un ditame favorable ao proxecto de Gallardón, o mércores o Ministerio de Sanidade presentará o seu informe e o venres o CGPJ emitirá o seu ditame, adiado en varias ocasións. O domingo 15 Vigo acollerá unha nova manifestación polo dereito das mulleres a decidiren.
Turismo en Galicia: Ao son dos anos xacobeos
Na última década o número de persoas extranxeiras que visitaron Galicia creceu un 14,48%, moi por debaixo da media española (19,27%) e cun incremento baseado unicamente nos efectos dos anos xubilares de 2004 (+59%) e 2010 (+24%).
Un novo Carvalho Calero para unha nova xeración
Tres estudantes da facultade de Ciencias da Comunicación da UDC ultiman Vieiros de esperanza, un documental que busca poñer en valor a figura do intelectual galeguista e incrementar o seu coñecemento entre a mocidade
Montenoso, premiado no meirande festival de arte dixital e multimedia
O seu proxecto Comúns rurais <link> comúns dixitais recibiu unha mención de honra nos Prix Ars Electronica 2014, seleccionado entre un total de 2.703 aplicacións procedentes de 77 países. Os premios entregaranse en setembro en Austria.
O uso do galego na investigación, baixo mínimos
Un estudo da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, coordinado pola profesora Alba Nogueira, alerta de que o emprego do galego se ve penalizado polos indicadores internacionais de avaliación.
O Concello da Coruña, obrigado a readmitir a Longueira como directora da Seoane
A sentenza do Xulgado do Social declara "nulo" o seu despedimento e obriga a que sea readmitida nas mesmas condicións, ademais de recibir unha forte indemnización. Longueira, edil do PSdeG, denunciou que a súa destitución se debera a "motivos políticos"
"A igualdade non é un tema de dereitos da muller, senón de configuración da sociedade"
A profesora María Xosé Rodríguez Galdo (USC) coordina o estudo Corresponsabilidade familiar e empregos do tempo no ámbito universitario, que amosa que as mulleres docentes e investigadoras dedican moito máis tempo ás tarefas do fogar que os seus compañeiros varóns.
Os concellos galegos debaterán unha marea de mocións a prol dun proceso constituínte
BNG e Esquerda Unida presentarán nos vindeiros días mocións para a súa aprobación nos plenos municipais nos que se pide a celebración dun referendo para a elección democrática do modelo de Estado. Teo foi o primeiro concello de toda España, este martes, en aprobar unha moción neste senso, cos votos de Anova e BNG.